A arquieparquía de Filadelfia (en latín : Archieparchia Philadelphiensis Ucrainorum ) é unha sé metropolitana católica ucraína . En 2010 tiña 14.980 bautizados. O seu arcebispo actual é Stefan Soroka .
Territorio
A eparquía abrangue os distrito federal de Washington, D.C. , e os estados de Virxinia , Maryland e Nova Jersey , e a parte oriental do de Pensilvania , até os condados de Potter , Clinton , Centre , Mifflin , Huntingdon e Fulton . A sé arquidiocesana é a cidade de Filadelfia , onde está a catedral da Inmaculada Concepción. O territorio está organizado en 66 parroquias .
Historia
O 28 de maio de 1913 o papa Pío X erixiu un ordinariato para os fieis de rito oriental nos Estados Unidos.
O 8 de maio de 1924 o ordinariato foi elevado a exarcado apostólico .
O 10 de xullo de 1958 o exarcado apostólico foi elevado ao rango de arquieparquía metropolitana , e tomou o nome actual.
O 14 de xullo de 1961 cedeu os territorios ao oeste de Ohio e dos ríos Missouri e Mississippi para erixir a eparquía de San Nicolao de Chicago .
O 5 de decembro de 1983 cedeu os territorios dos estados de Ohio , Kentucky , Tennessee , Mississippi , Alabama , Xeorxia , a Florida , Carolina do Norte e do Sur , Virxinia Occidental e a parte occidental de Pensilvania para erixir a eparquía de San Xosafat de Parma .
Episcopoloxio
Notas
↑ Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990) . Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 354. OCLC 22834909 .
Véxase tamén
Arquieparquías Metropolitanas: Eparquías (por provincia eclesiástica): Exarcados apostólicos: Exarcados arquiepiscopais: Administracións apostólicas: Antigas circunscricións