A arquidiocese de Samoa-Apia (en latín: archidioecesis Samoa-Apiana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 42.500 bautizados sobre unha poboación total de 189.000 habitantes. O seu arcebispo actual é Alapati Lui Mataeliga.
Territorio
A arquidiocese abrangue o arquipélago do estado de Samoa.
A sé arcebispal é a cidade de Apia, onde está a Catedral da Inmaculada Concepción.
O 4 de xaneiro de 1957 tomou o nome de vigairía apostólica de Samoa e Tokelau.
O 21 de xuño de 1966 coa bula papalProphetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada a diocese, e tomou o nome de diocese de Apia.
O 10 de agosto de 1974 a diocese mudou o seu nome polo de diocese de Apia e Samoa e Tokelau, e o 3 de decembro de 1975 mudouno novamente polo de diocese de Samoa e Tokelau.
O 10 de setembro de 1982 cedeu parte do seu territorio para a creación da diocese de Samoa-Pago Pago e ao mesmo tempo, coa bula Maiorem para utilitatem de Xoán Paulo II, a diocese foi elevada a arquidiocese metropolitana, e tomou o nome de arquidiocese de Samoa-Apia e Tokelau.