Armando Emílio Guebuza, nado o 20 de xaneiro de 1943, é o presidente de Mozambique dende o 2 de febreiro de 2005. Pertence ao FRELIMO.
Nado ó norte de Mozambique, xuntouse a FRELIMO pouco despois do inicio da guerra de independencia. En 1975 xa era un importante xeneral e líder do seu partido. Durante o goberno de Samora Machel, foi o autor da orde que forzou algúns cidadáns portugueses a deixar o país en 24 horas.
Cando Samora Machel morreu, Guebuza participou da comisión que investigou as causas do accidente. Foi tamén representante da FRELIMO nas negociacións de paz coa RENAMO, o grupo de oposición armada mozambicano.
En agosto de 2021, o seu fillo Ndambi Guebuza foi xulgado por corrupción.