Robben deuse a coñecer co FC Groningen, para que foi o xogador do ano na tempada 2000-01 da Eredivisie. Dous anos despois polo PSV Eindhoven, onde recibiu o título ao Mellor Xogador Novo do ano dos Países Baixos, o coñecido como Premio Johan Cruijff, gañando ademais o título da Eredivisie.[1] Durante a seguinte tempada varios poderosos clubs ingleses tentaron a súa contratación e, despois de prolongadas negociacións, acabou fichando polo Chelsea FC na pretempada de 2004.
O debut de Robben no Chelsea fíxose agardar por mor dunha lesión, mais cando recuperou a forma axudou ao club inglés a gañar dous títulos da Premier League consecutivos, chegando a recibir o premio ao mellor xogador do Mes da FA Premier en novembro de 2005.[2][3] Despois dunha terceira tempada en Inglaterra, interrompida por unha lesión, o xogador neerlandés asinou co Real Madridespañol, club que pagaría 35 millóns de euros polo traspaso. En agosto de 2009 foi traspasado de novo, esta vez ao FC Bayern München por un prezo próximo aos 25 millóns de euros,,[4] marcando dous goles no seu debut. Na súa primeira tempada en Múnic, o Bayern gañou o título de Liga, sendo o quinto título de liga de Robben en oito anos, marcando ademais o gol da vitoria na final da Liga de Campións, partido no que foi nomeado como mellor xogador. Despois da súa primeira tempada no club bávaro, tamén foi recoñecido como o Futbolista do Ano en Alemaña.[5]
Traxectoria
Groningen
Robben iniciou a súa carreira sendo aínda pequeno no V.V. Bedum. Neses primeiros anos seguiu as ensinanzas do adestrador neerlandés Wiel Coerver, unha metodoloxía baseada na observación a cámara lenta de movementos característicos de grandes estrelas do fútbol como Pelé, Ferenc Puskás ou Roberto Rivelino e que data dos anos 1970. O seu gran control de balón e un potente disparo fixeron del un valioso e prometedor xogador, polo que asinou rapidamente co FC Groningen. Nas divisións inferiores despuntou rapidamente marcando 50 goles na súa primeira tempada
Pasou ao primeiro equipo para a tempada 1999-00.[6] Jan van Dijk, adestrador do primeiro equipo, fíxoo debutar na Eredivisie o 3 de decembro de 2000, nun encontro fronte ao RKC Waalwijk, substituíndo a Leonardo dos Santos por lesión aos 79 minutos. No seu primeiro ano como profesional co Groningen rexistrou 18 aparicións e 2 goles, acabando o equipo como 14º na Eredivisie, sendo eliminado en terceira rolda da copa polo Fortuna Sittard. Ao concluír o torneo foi contratado polo PSV Eindhoven a cambio de 3,9 millóns de euros, mais ficou en Groningen, en condición de cedido, para reforzar ao equipo e evitar o descenso. Coa nova campaña converteuse en titular do equipo, xogando en 28 ocasións e marcando seis goles. O equipo foi 15º na Eredivisie e chegou aos cuartos de final da copa, onde perdeu ante o AFC Ajax.
PSV Eindhoven
Co dianteiro serbioMateja Kežman formou unha notábel parella ofensiva bautizada "Batman e Robben" polos seareiros do PSV.[7] O primeiro título do ano disputouno ante AFC Ajax, na Supercopa dos Países Baixos o 11 de agosto de 2002, perdendo por tres goles a un. Entrou no minuto 65 substituíndo a Giorgi Gakhokidze. Con todo, axudou ao PSV Eindhoven de Guus Hiddink a alzarse coa Eredivisie, a décimo sétima para o equipo da Philips, e posteriormente coa Supercopa ante o FC Utrecht, onde marcou o primeiro gol. Na Copa foron eliminados en semifinais ante o propio Utrecht por 2 a 1, mentres que na Liga de Campións da UEFA non pasaron da fase de grupos tras quedar últimos por detrás do Arsenal FC, do Borussia Dortmund e do AJ Auxerre.
Ademais este ano conseguiu o título de Talento do Ano e o premio Johan Cruijff. Durante a súa primeira tempada en Eindhoven, a 2002-03, disputou 33 encontros e anotou 12 goles. O 22 de xullo de 2003 tamén se adxudicou a Copa da Paz, na cal anotou dous goles. En marzo de 2004 o propietario do Chelsea FC Roman Abramovich ofreceulle ao club neerlandés 12,1 millóns de libras (18 millóns de euros) polo extremo e aceptaron.
Creo que podo chegar a ser un mellor xogador no Chelsea e converterme nun dos mellores xogadores de Europa.[8]
Arjen Robben na súa chegada ao Chelsea
A súa final de tempada foi decepcionante, perdeuse a gran maioría dos encontros ao lesionarse recorrentemente. Terminou a súa última campaña co PSV con 5 goles en 23 aparicións.> O equipo quedou en segunda posición na liga tras o AFC Ajax e na Copa foron eliminados en cuartos de final ante o NAC Breda. Na Liga de Campións quedou en terceiro lugar na fase de grupos tras o AS Monaco e o Deportivo da Coruña, o que permitiu ao seu equipo disputar a Copa da UEFA, onde tras pasar dúas roldas perdeu ante o Newcastle United nos cuartos de final.
Chelsea
Non debutou oficialmente co Chelsea até novembro de 2004, tras recuperarse dunha fractura no metatarsiano dereito que sufriu tras recibir unha entrada do centrocampista francésOlivier Dacourt da AS Roma, nun partido amigábel de pretempada. Xa en activo, marcou consecutivamente ao CSKA Moscova, ao Everton FC, onde foi nomeado Home do Partido, ao Newcastle United e ao Fulham FC. Ese novembro designóuselle Xogador do Mes da Premier League. A pesar de perderse gran parte do campionato por atoparse lesionado dunha fractura de dous ósos metatarsianos do pé esquerdo no partido contra o Blackburn Rovers en febreiro de 2005, terminou a campaña con 7 goles, a segunda cantidade máis alta da súa carreira en só 18 partidos. Ademais conquistou a Premier League, a FA Community Shield e a League Cup co club londiniense, mais foron eliminados polo Liverpool FC nas semifinais da Liga de Campións da UEFA. Polo seu rendemento foi considerado entre os candidatos ao Premio PFA ao xogador novo do ano, con todo, foi vencido polo dianteiro Wayne Rooney do Manchester United. Destacou nas súas primeiras tempadas grazas ao sistema de xogo do portuguésJosé Mourinho, adestrador dos blues, que empregaba un esquema 4-3-3, no que tanto Robben como o irlandésDamien Duff eran empregados como puntas interiores próximos ao dianteiro centro, o marfilésDidier Drogba, para aproveitar a amplitude do campo.
Recuperouse completamente das súas lesións para a Premiership 2005-06, na que apareceu en 28 encontros, marcou en seis ocasións e adxudicouse por segundo ano consecutivo o título. Na Liga de Campións da UEFA 2005-06 o equipo chegou até os oitavos de final, pero foron eliminados polo futuro campión da competición, o FC Barcelona. Na Carling Cup foron eliminados na terceira rolda ante o Charlton Athletic e na FA Cup en semifinais ante o Liverpool. Durante o transcurso da liga viu os primeiros dous cartóns vermellos da súa carreira, ante o Sunderland e o West Bromwich Albion, e tivo un altercado coa meta do Liverpool F.C.Pepe Reina. Tras cometer unha falta o porteiro sobre o dianteiro islandésEiður Guðjohnsen, Reina supostamente recibiu fortes palabras de Robben e en resposta deulle a man na súa cara, Robben caeu e o gardameta foi expulsado. Reina acusouno de "farsante", no rotativo Daily Star:
Estou furioso con el polo ocorrido, Robben é un gran actor e fixo o suficiente como para gañarse un Oscar.[9]
Coa finalización da Copa do Mundo de Alemaña integráronse ao conxunto o dianteiroucraínoAndriy Shevchenko, o centrocampista alemánMichael Ballack e o defensa inglésAshley Cole. Debido a estas incorporacións Mourinho modificou o seu esquema 4-3-3 por un 4-1-3-2, e deixou no banco ás puntas. Porén, coa baixa do centrocampista Joe Cole por lesión regresou á titularidade. A comezos de ano perderon a Community Shield ante o Liverpool por 2 a 1, na que xogou como titular 62 minutos. Foi o máis destacado ante o Wigan Athletic, nos encontros de decembro de 2006 e xaneiro de 2007, e tras poucas semanas de titular lesionouse ante o Liverpool o 20 de xaneiro. Volveu nun par de semanas e colaborou na vitoria ante o Middlesbrough por 3 a 0. Participou na final da League Cup, contra o Arsenal F.C. que gañaron por 2 a 1, e marcoulle ao FC Porto nos oitavos de final da Liga de Campións. Con todo, en marzo lesionouse o menisco lateral do seu xeonllo esquerdo nun partido coa súa selección e foi baixa por un mes. Retornou á actividade na semifinal da Liga de Campións, que perderon ante o Liverpool F.C. nos penaltis. Terminou o ano gañando a FA Cup ante o Manchester United e disputando 21 partidos de liga, nos que anotou 4 goles.
En agosto de 2007 o Real Madrid realizou unha oferta conxunta de 40 millóns de euros ao Chelsea pola fichase de Robben e de Michael Ballack. Bernd Schuster, novo adestrador do equipo de Madrid, declarou abertamente o seu interese por Ballack mentres Ramón Calderón, daquelas presidente do club castelán, prometeu ao neerlandés na súa campaña presidencial. Robben, que non levaba unha boa relación con José Mourinho, declarouse feliz polo interese do club.
Real Madrid
O 22 de agosto de 2007 o Real Madrid chegou a un acordo co Chelsea para fichar ao internacional neerlandés. A operación, taxada en 24 millóns de libras (36 millóns de euros) e cinco anos de contrato, significou a Ramón Calderón, presidente do club castelán, cumprir cunha das súas promesas de campaña. Foi presentado o 24 de agosto, xunto ao defensa arxentinoGabriel Heinze, ante 5,000 afeccionados no Estadio Santiago Bernabéu. Debutou o 18 de setembro, relevando a Raúl no minuto 84, ante o Werder Bremen nun partido da fase de grupos da Liga de Campións. Recuperado dunha lesión, estreouse na liga española o 23 de setembro, ante o Real Valladolid, nun partido que terminou 1 a 1. Até o 2 de xaneiro de 2008 non anotou o seu primeiro gol, ao Alicante CF, nun partido correspondente á Copa do Rei. Na liga, anotou o seu primeiro gol o 10 de febreiro ante o Real Valladolid, partido que terminou 7 a 0. Esa primeira tempada disputou 21 encontros, marcou en catro ocasións e obtivo o título de Liga.
No inicio da tempada 2008-09 conquistou a Supercopa tras bater no Bernabéu ao Valencia CF (4-2, global 6-5). Tras a marcha do brasileiroRobinho ao Manchester City adquiriu máis protagonismo no once de Bernd Schuster. En decembro de 2008 Schuster foi substituído no banco polo español Juande Ramos, finalizando a tempada con sete goles en 29 partidos, e sendo un dos mellores do equipo. Con todo, neses dous anos tivo unha media de aproximadamente unha lesión cada cinco xornadas, faltando a preto do 40% dos partidos. Durante o verán de 2009, especulouse coa súa saída, especialmente tras o desembolso realizado por Florentino Pérez con Kaká e Cristiano Ronaldo. O extremo neerlandés expresou durante a pretemporada o seu desexo de permanecer no equipo, especialmente tras a boa pretempada que estaba a realizar. Porén, e a pesar de que restaban só catro días para o peche do mercado de fichaxes, o Real Madrid decidiu traspasalo ao Bayern de Múnic o 27 de agosto de 2009. O club bávaro confirmou o traspaso nun comunicado oficial, sinalando que asinou un contrato por catro anos e levaría a camiseta co número 10, deixada polo seu compatriota Roy Makaay. O custo da operación non foi precisado, pero estimouse en 25 millóns de euros. Tras o seu traspaso, Jorge Valdano explicou que foi Robben o que pediu irse do club para poder acumular máis minutos de xogo, pois o Mundial estaba a tan só un ano e nos partidos só estivera adestrando para xogar uns minutos no segundo tempo.
Bayern München
O 27 de agosto de 2009 chegou a Múnic para pasar recoñecemento médico e asinar co seu novo club, o FC Bayern. Á súa chegada ao Aeroporto de Múnic declarou:
Aquí síntome benvido. É un club grande cunha gran historia, e estou contento de estar aquí.[10]
Foi o home máis destacado do equipo no seu debut na Bundesliga, o 29 de agosto, anotando dous do tres goles con que o seu equipo venceu ao VfL Wolfsburg, a pesar de xogar só 45 minutos. O 30 de setembro lesionouse durante o partido contra a Juventus, correspondente á fase de grupos da Liga de Campións, sufrindo unha inflamación de xeonllo que lle mantivo unhas semanas fóra dos terreos de xogo. Volveu o 24 de outubro para xogar 30 minutos e anotar un gol ante o Eintracht Frankfurt na xornada 10, e repetiu gol na 17 ante o Hertha BSC Berlin e consecutivamente ante o Werder Bremen, 1. FSV Mainz 05, VfL Wolfsburg e Borussia Dortmund.
Outra vez na Liga de Campións, o 3 de novembro, disputou o partido ante o Girondins de Bordeos que perderon por 0 a 2, aínda que se clasificaron tras derrotar á Juventus no partido decisivo. Nos oitavos de final disputou ambos os partidos ante a ACF Fiorentina e anotou nos dous encontros, clasificando ao seu equipo para a seguinte rolda. O 10 de febreiro anotou un gol na vitoria por 6 a 2 na Copa de Alemaña ante o SpVgg Greuther Fürth e outro nas semifinais ante o Schalke 04. O 13 de marzo dous goles seus supuxeron a remontada por 2-1 fronte ao SC Freiburg na Bundesliga. Na volta dos cuartos de final da Liga de Campións ante o Manchester United, o 7 de abril, anotou coa perna esquerda o 3 a 2 que clasificaba ao seu equipo para as semifinais tras un global de 4 a 4. O 21 de abril na ida da semifinal, ante o Olympique Lyonnais, marcou o único gol do partido, desde 25 metros e na volta gañaron 3-0 para pasar á final. O 1 de maio consagrouse campión da Bundesliga, a falta dun partido, tras gañar na xornada 33 ao VfL Bochum por 3-1, e 15 días máis tarde gañou a Copa de Alemaña ante o Werder Bremen por 4-0, sendo o primeiro gol seu de penalti no minuto 35. A final da Liga de Campións enfrontoulles ante o Inter de Milán, que tamén gañara en Italia a Liga e a Copa. O partido disputouse o 22 de maio en Madrid e dous goles de Diego Milito deron o título aos italianos que se adxudicaron o seu terceiro título.
A tempada 2010-11 comezou mal para o xogador despois de que unhas probas médicas confirmasen que o seu tendón non estaba curado correctamente. Karl-Heinz Rummenigge comentou respecto diso que estaban moi anoxados cos resultados, e que a Real Federación de Fútbol dos Países Baixos debía compensalos. O 15 de xaneiro de 2011, volveu xogar como substituto no partido que lle enfrontou ao VfL Wolfsburg e que terminou 1-1. Foi nomeado ao premio ao "Mellor Centrocampista da UEFA Champions League", mais finalmente gañou o recoñecemento o seu compatriota Wesley Sneijder. Tamén estivo nomeado ao FIFA Balón de Ouro 2010, ao "FIFPro World XI 2010" e ao "premio FIFA Puskás", ao mellor gol do ano, porén, non gañou ningún deles. Tras completar o seu equipo unha mala tempada na Bundesliga, foron eliminados nos oitavos de final da Liga de Campións tras un gol do xogador do Inter de MilánGoran Pandev no minuto 88 do encontro de volta.
Durante a tempada 2012-13, o xogador logrou gañar a Bundesliga, tendo un moi bo estado de forma, onde anotou 5 goles en 16 partidos xogados. Ademais axudou ao seu equipo a chegar á final da Liga de Campións tras gañar ao FC Barcelona por un global de 7-0. Na final, o 25 de maio, volveu ser determinante, xa que anotou o gol decisivo aos 89 minutos ante o Borussia Dortmund, conquistando así a súa primeira Liga de Campións. Na camapa 2013-14, con Josep Guardiola, conseguiu gañar os títulos da Bundesliga, DFB-Pokal e UEFA Super Cup.
↑uefa.com, ed. (23 de setembro de 2008). "UEFA Champions League – Players – Robben"(en inglés). Archived from the original on 27 de setembro de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2014.
↑ChelseaFC.com (ed.). "Arjen Robben"(en inglés). Archived from the original on 16 de xuño de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2014.
The Lord of the Rings Sampul yang didesain oleh Tolkien. Versi ini kemudian dijadikan sampul untuk edisi 50th anniversary.PengarangJ. R. R. TolkienNegaraBritania RayaBahasaInggrisGenre Fantasi Petualangan PenerbitTanggal terbit 29 Juli 1954 11 November 1954 20 Oktober 1955 Jenis mediaPrint (hardback & paperback)Halaman1216 pp (total halaman)Didahului olehThe Hobbit The Lord of the Rings adalah novel kisah fantasi epik karangan J. R. R. Tolkien. Diterbitkan dalam tiga ...
Richard AvenariusLahir19 November 1843ParisMeninggal18 Agustus 1896ZurichAlmamaterUniversitas ZurichUniversitas BerlinUniversitas LeipzigEraFilsafat abad ke-19KawasanFilsafat BaratAliranEmpiriokritisisme(Positifisme kritikal)[1]InstitusiUniversitas LeipzigUniversitas ZurichMinat utamaBukti empiris, Filsafat ilmuGagasan pentingkritik Empirisme Dipengaruhi Kant, Hume Memengaruhi Ernst Mach, Anatoly Lunacharsky, Alexander Bogdanov, William James Richard Avenarius (1843-1896) a...
Protected wilderness area in California, United States Otay Mountain WildernessIUCN category V (protected landscape/seascape)BLM sign on Otay Mountain Truck TrailLocation in CaliforniaLocationSan Diego County, United StatesNearest cityOtay MesaCoordinates32°35′40″N 116°50′40″W / 32.59444°N 116.84444°W / 32.59444; -116.84444Area16,885 acres (6,833 ha)[1]Established1999 (1999)Governing bodyBureau of Land Management[1][2...
This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Oregon Liquor and Cannabis Commission – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2009) (Learn...
This article lists the oldest known surviving buildings constructed in the Americas, including on each of the regions and within each country. Building is defined as any human-made structure used or interface for supporting or sheltering any use or continuous occupancy. In order to qualify for this list a structure must: be a recognisable building; incorporate features of building work from the claimed date to at least 1.5 metres (4.9 ft) in height; be largely complete or include buildi...
Cet article possède un paronyme, voir Les Âmes mortes (série télévisée). Ne doit pas être confondu avec Les Âmes fortes. Les Âmes mortes 1re de couverture, édition de 1842, Moscou. Auteur Nicolas Gogol Pays Empire russe Genre Roman Version originale Langue russe Titre Похождения Чичикова, или мертвые души Date de parution 1842 Version française Traducteur Ernest Charrière Lieu de parution Paris Date de parution 1859 modifier Les Âmes mortes ...
For related races, see 1940 United States gubernatorial elections. 1940 Connecticut gubernatorial election ← 1938 November 5, 1940 1942 → Nominee Robert A. Hurley Raymond E. Baldwin Party Democratic Republican Popular vote 388,361 374,581 Percentage 49.54% 47.78% County resultsHurley: 50–60% Baldwin: 40–50% 50–60% Governor before election Raymond E. Baldwin Republ...
Protests against the presidency of Joe Biden Not to be confused with 2020–21 United States election protests. For the violent attack on January 6, 2021, see January 6 United States Capitol attack. 2021 United States inauguration week protestsPart of the 2020–21 United States election protests and attempts to overturn the 2020 United States presidential electionAn armored vehicle at the Ohio Statehouse prior to a planned pro-Trump armed marchDateJanuary 16–20, 2021(5 days)LocationUn...
Pour les articles homonymes, voir Neuvy. Cet article est une ébauche concernant une commune de la Marne. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?). Le bandeau {{ébauche}} peut être enlevé et l’article évalué comme étant au stade « Bon début » quand il comporte assez de renseignements encyclopédiques concernant la commune. Si vous avez un doute, l’atelier de lecture du projet Communes de France est à votre disposition pour vous aider....
Questa voce sull'argomento competizioni ciclistiche è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Vuelta Ciclista a Costa RicaSport Ciclismo su strada TipoGara individuale CategoriaUomini Elite, Classe 2.2 FederazioneUnione Ciclistica Internazionale Paese Costa Rica CadenzaAnnuale Aperturadicembre PartecipantiVariabile FormulaCorsa a tappe StoriaFondazione1965 Numero edizioni56 (al 2022) Detento...
This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Progressive Group for Independent Business – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2010) (Learn how and when to remove this message) Mark Dyrholm, the Group's National Vice President The Progressive Group for Independent Business (PGIB) is a membership-funded business and taxpayer associati...
Multinational professional services network Ernst & Young Global LimitedLogo since 2019Trade nameEYCompany typePrivate company limited by guarantee[1]IndustryProfessional servicesPredecessorErnst & WhinneyArthur Young & Co.Founded1989; 35 years ago (1989) (through merger of Ernst & Whinney and Arthur Young & Co.; oldest component from 1849)[2]HeadquartersLondon, EnglandArea servedWorldwideKey peopleCarmine Di Sibio(Chairman, CEO)[3]...
Main article: Badminton at the 2016 Summer Olympics Men's doublesat the Games of the XXXI OlympiadVenueRiocentro - Pavilion 4Date11–20 August 2016Competitors32 from 14 nationsMedalists Fu HaifengZhang Nan China Goh V ShemTan Wee Kiong Malaysia Marcus EllisChris Langridge Great Britain← 2012 London2020 Tokyo → Badminton at the2016 Summer OlympicsList of playersQualificationSinglesmenwomenDoublesmenwomenmixedvte The badminton men's doubles to...
Herbert Grönemeyer Herbert Arthur Wiglev Clamor Grönemeyer (lahir 12 April 1956) merupakan seorang penyanyi dan aktor berkebangsaan Jerman, yang lebih terkenal di Jerman, Austria, dan Swiss. Dia dilahirkan di Bochum. Dia berkarier di dunia musik dan film sejak tahun 1976. Diskografi Album 1978 — Ocean Orchestra 1979 — Grönemeyer 1980 — Zwo 1982 — Total egal 1983 — Gemischte Gefühle 1984 — 4630 Bochum 1986 — Sprünge 1988 — Ö 1988 — What's all this 1990 — Luxus 1991 �...
Questa voce sull'argomento nuotatori olandesi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Hinkelien SchreudersNazionalità Paesi Bassi Altezza178 cm Peso61 kg Nuoto Specialità50 m, 100 m sl, 4x50 m e 4x100 m sl, 4x50 m mista SquadraNationaal Zweminstituut Eindhoven Palmarès Competizione Ori Argenti Bronzi Giochi olimpici 1 1 0 Mondiali 1 0 0 Mondiali in vasca corta 3...
American football player (1925–1987) For the defensive end born in 1943, see John Hoffman (defensive end). This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: John Hoffman running back – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2020) (Learn how and when to remove this message) John HoffmanHoffman on a 1951 Bowman ...
Color triptych print by Kitagawa Utamaro Fujin Tomari-kyaku no Zu (c. 1794–1795) Fujin Tomari-kyaku no Zu Sanmai-tsuzuki (婦人泊り客之図三枚続, Triptych Picture of Women Overnight Guests, c. 1794–1795) is a triptych print by the Japanese ukiyo-e artist Kitagawa Utamaro (c. 1753–1806). It depicts a group of women within a mosquito net preparing for an overnight visit. Background Ukiyo-e art flourished in Japan during the Edo period from the 17th to 19th centuri...
Иное название этого понятия — «Огасавара»; см. также другие значения. У этого термина существуют и другие значения, см. Бонин. Бониняп. 小笠原群島 Характеристики Количество островов41 Крупнейший островТитисима Общая площадь94 км² Население2440 чел. Плотность...