Wankar Ariruma Kowii Maldonado, anteriormente coñecido como Jacinto Conejo Maldonado é un escritor, poeta e dirixiente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-otavalo.
Traxectoria
Considerado un dos principais poetas en lingua kichwa, estudou ciencias sociais e políticas na Universidade Central de Ecuador. A súa colección de poemas kichwas Mutsuktsurini, publicada en 1988, foi un dos primeiros libros en Ecuador exclusivamente escritos en kichwa. Escribe tamén para o xornal quiteño Hoy.
O 22 de agosto de 2007 foi nomeado subsecretario de Educación dos Pobos Indíxenas de Ecuador no Ministerio de Educación, responsábel para o Diálogo Interculural.[1] Defendeu a decisión do expresidente Rafael Correa de colocar a educación intercultural bilingüe baixo a autoridade do goberno, afirmando que a "dirixencia da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) intentou adoutrinar aos estudantes para que seguisen a liña de acción política trazada pola organización".[2]
Ariruma Kowii é irmán do alcalde de Otavalo, Mario Conejo Maldonado.[3]
Obras
- Mutsuktsurini, 1988
- Tsaitsik: poemas para construir el futuro (edición bilingüe), 1993
- Diccionario de nombres quichuas, 1998.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas