Brisson, M.-J.; Dwight, J.; Laetvaerennydt; Martinet, F. N.; Tucker, M. B.; Vaernewyck. (1760): Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés : a laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms quils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. 6: 1-543, pls: I-VI.[3]
Etimoloxía
o nome científicoArenaria Brisson tirouno do adxectivo latinoarēnārius, -a, -um, "que vive na area", derivado de arēna, -æ, "area"".[6]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuise tamén polos sinónimos:[3][4]
Arenarius Dumont, 1805
Morinella Meyer & Wolf, 1810
Strepsialis Hay, 1841
Strepsilas Illiger, 1811
Strepsilus Nuttall, 1834
Cinclus Merrem, 1804
Cinclus Möhring, 1758
Especies
No xénero recoñécense as seguintes dúas especies:[3][4][5]
Ambas as especies son limícolas de tamaño mediano. A súa lonxitude adoita estar entre os 20 e os 25 cm, cunha envergadura alar entre os 50 e os 60 cm, e unha masacorporal entre os 110 e os 130 g. Comparadas con outras limícolas, a súa constitución é rexa, e con picos curtos, lixeiramente revirados, en forma de cuña. O seu forte pescozo e os seus picos potentes e lixeiramente revirados están adaptados á súa técnica de alimentación.[7]
Costumes
Son estritamente costeiros, e prefiren as praias pedregosas ás de area, e adoitan compartir espazo na praia con outras especies de limícolas, como o pilro escuro. Como o seu nome vulgar indica, estas especies viran pedras, algas e elementos similares en busca de presas, diversos invertebrados que baixo estes elementos se ocultan e que constitúen o seu principal alimento, dieta que complementan con peixes en descomposición. Ao alimentarse, poden facelo de maneira illada, en grupos pequenos, ou incluso en grandes bandadas; nesta última agrupación é a maneira en que realizan as migracións.[7]
Constrúen niños solitarios cerca da costa. Esconden o niño entre a vexetación. As femias poñen ovos de co verdecente con manchas apardazadas, que son chocados por ambos os proxenitores. Os ovos eclosionan despois de 22 a 24 días.[7]
O seu aspecto en voo é rechamante, con manchas brancas no dorso, ás e cola.[7]
Distribución
Habitan en praias mariñas de todo o mundo, aínda que nidifican só nas rexións árticas.[8]
Nidifican entre maio e principios de agosto en rexións árticas de Alasca, Canadá, Groenlandia, Islandia, o norte da Europa continental e Asia. No inverno migran cara ao sur en busca de climas máis adecuados, chegando até a costa pacífica de Estados Unidos, no caso de Arenaria melanocephala, e nas costas de África, Asia, Europa, Oceanía, Suramérica (até o arquipélago da Terra do Fogo). Unha parte da poboación que chega ao hemisferio sur non regresa ao norte ao chegar o outono austral, pasando todo o inverno nas mesmas praias onde invernan, e cambiando a súa plumaxe pola reprodutora, aínda que non manifestan actitudes de nidificación.
↑Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology4: 28. (Texto completo).