Are Strandli, nado en Stavanger, Noruega o 18 de agosto de 1988, é un remeiro noruegués.
Traxectoria
Strandli gañou a medalla de bronce en categoría de dobre scull peso lixeiro nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, xunto ao seu compañeiro Kristoffer Brun. Os noruegueses aseguraron o terceiro posto despois dunha final na que Francia e Irlanda obtiveron as medallas de ouro e prata.[1] Participou na mesma categoría nos Xogos Olímpicos de 2012, tamén xunto con Brun, onde só obtivo un noveno lugar.[2]
Strandli e Brun gañaron unha medalla de ouro no Campionato Mundial de 2013 realizado en Corea do Sur.[3]
Strandli fixo unha pausa do remo en 2017. Brun e Strandli volveron competir en 2018 e gañaron un Campionato Europeo.
Palmarés
Notas