San Pedro de Arantei é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2022 tiña 424 habitantes (212 homes e 212 mulleres),[2] distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 460 habitantes.
Pertence ó arciprestado de Entenza.
No mes de xullo celébrase desde 1998 un festival folclórico con grupos internacionais na área recreativa do Manteiro.
Historia
A parroquia chamouse Retorta até a metade do século XVII por estar a igrexa parroquial nunha retorta do río Miño. No ano 1647 comezouse a construción do novo templo no lugar alto denominado Arantei, do cal tomou o nome, e foi inaugurado o 17 de novembro de 1652.[3][4]
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Arantei
Parroquias de Salvaterra de Miño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas