Anxo LorenzoPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Anxo Lorenzo (homónimos).
Anxo Lorenzo, nado en Moaña o 28 de decembro de 1974, é un gaiteiro galego. TraxectoriaComezou a tocar a frauta con cinco anos e a gaita con seis. Aos 8 comezou a estudar no Conservatorio de Vigo, aprendendo solfexo, harmonía, piano e frauta barroca e gaita con Carlos Núñez. Asistiu a cursos de gaita con Moxenas, Patrick Molard e Fred Morrison. Durante cinco anos asiste ó obradoiro de Instrumentos Populares Galegos da Universidade Popular de Vigo, baixo a dirección de Antón Corral. Dende os doce anos colaborou con grupos de música tradicional galegos como Xarabal, Duos Pontes, Semente Nova ou Lembranzas Galegas, cos que realiza traballos de investigación e recollida de música tradicional así como gravacións, concertos e xiras por España, Francia, Estados Unidos, Inglaterra e Irlanda.[1]. Ten participado en festivais do mundo celta[2][3] como o Festival Intercéltico de Lorient, Festival Intercéltico do Morrazo, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira[4] o William Kennedy Internacional Festival Piping ou o Festival Intercéltico de Lorient, onde empatou no primeiro lugar do Trofeo Macallan en 1995 cos gaiteiros Edelmiro Fernández e Jorge Fernández Areces, pero sendo proclamado gañador este último por ser o de menor idade.[5][6] Colaborou con artistas como Mónica Molina, Ska-P, Chambao, Poncho Ka, Los Feliz, Amistades Peligrosas, Kathryn Tickell ou Rory Campbell, fusionando a gaita galega co pop, o rock e a música electrónica. Xunto a Pedro González creou o grupo Spiritu 986, sacando o primeiro disco en 2001. Mesturan o son da gaita máis ancestral coa máis vangardista produción musical a través da máis moderna tecnoloxía. En 2010 publicou o disco Tirán, cunha banda formada por Xosé Liz (bouzouki), Luís Peixoto (bandolín, cavaquiño e percusións), Begoña Riobó (violín), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Eoghan Neff (violín). O disco conta con 11 temas variados, e conta coas colaboracións de Anxo Pintos, Pancho Álvarez, Kathryn Tickell, Peter Tickell, Pablo de Vigo, Luis Peixoto (Dazkarieh), Roi Adrio (Quempallou) e Jorge Arribas (La Musgaña). En 2015 colaborou coa banda bretoa Gwendal na gravación dun CD e DVD de conmemoración dos 45 anos do grupo.[7] Notas
|