Telenet Giants Antwerp
|
|
Información xeral
|
Liga
|
BNXT League
|
Alcume
|
Giants
|
Fundación
|
1995
|
Historia
|
Racing Antwerpen (1995–2006)
|
Cores
|
Vermello, branco, amarelo
|
Presidente
|
Bjorn Verhoeven
|
Adestrador
|
Ivica Skelin
|
Localización
|
Cidade
|
Anveres, Bélxica
|
Pavillón
|
Lotto Arena
|
Capacidade
|
5 218
|
Inauguración
|
10 de marzo de 2007
|
Campionatos
|
Liga
|
1 (2000)
|
Copa
|
4 (2000, 2007, 2019, 2020)
|
Supercopa
|
2 (2007, 2016)
|
antwerpgiants.be
|
O Antwerp Giants, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Telenet Giants Antwerp, é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Anveres (Anveres, Flandres). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. O equipo foi fundado 1995 a raíz da fusión de dous dos equipos máis exitosos do baloncesto do país: o Sobabee ou Antwerpse B.C., equipo con oito títulos de Liga (1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1973), e o Racing Mechelen, con quince (1965, 1966, 1967, 1969, 1974, 1975, 1976, 1980, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994). Actualmente disputa os seus partidos como local no Lotto Arena, pavillón con capacidade para 5 218 espectadores.
Historia
En 1995 os dous equipos máis laureados do baloncesto belga, o Sobabee de Anveres e o Racing de Mechelen, fusionáronse para fundar o Racing Basket Antwerpen. O club fixo o seu debut na máxima categoría, na temporada 1998−99. Até o ano 2001 o equipo acabou sempre entre os tres primeiros postos. Destaca a temporada 1999−00, onde o equipo co nome de Telindus Antwerpen consegue gañar a Copa e o campionado de Liga, este último após vencer ao Oostende por 3−1 nas Finais. O equipo sufriu un revés despois de gañar o campionato e terminou nos postos sexto, sétimo e oitavo durante as seguintes cinco temporadas. No ano 2006 o club muda o seu nome a Antwerp Giants. Ao ano seguinte, en 2007, o equipo gaña o seu terceiro trofeo ao gañar a Copa por segunda vez. O Antwerp Giants posúe o récord de asistencia a un partido de baloncesto en Bélxica despois de xuntar 17.135 espectadores o 31 de xaneiro de 2015, nun xogo que os enfrontaba ao Spirou Charleroi no Sportpaleis.[1] En xuño de 2017 o club anuncia un novo acordo de patrocinio coa compañía Telenet.[2]
Nomes
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Racing Basket Antwerpen (1996–1999)
- Telindus Racing Antwerpen (1999–2004)
- Daewoo Racing Antwerpen (2005–2006)
- Antwerp Giants Sanex (2006–2008)
- Antwerp Diamond Giants (2008–2011)
- Port of Antwerp Giants (2011–2017)
- Telenet Giants Antwerp (2017–presente)
Ano a ano
Títulos
Liga de Bélxica
- Campión (1): 2000
- Subcampión (1): 2018, 2019
Copa de Bélxica
- Campión (4): 2000, 2007, 2019, 2020
- Subcampión (3): 2012, 2014, 2016
Supercopa de Bélxica
- Campión (2): 2007, 2016
- Subcampión (2): 2000, 2014
Xogadores
Destacados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas