Antonio Fernández Alba naceu en 1927 en Salamanca e dúas décadas despois trasladouse a Madrid. Na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid obtivo o título de arquitecto en 1957 e o grao de doutor en 1963. Foi profesor da mesma escola e catedrático de Elementos de Composición dende 1970. Durante a súa etapa universitaria foi membro do Grupo El Paso. Ó longo da súa traxectoria profesional ocupou numerosos cargos como:
1984-1987 Director do Instituto de Restauracións do Patrimonio Histórico Español.
1987-1990 Presidente do Padroado do Museo de Arte Contemporánea.