Antonii Khrapovitskii (en ruso: Антоний Храповицкий), nado como Aleksei Pavlovich Khrapovitskii (en ruso: Алексей Павлович Храповицкий) en Vatagino (distrito de Kresttsy, gobernación de Novgorod, Imperio Ruso) o 17 de marzo de 1863 e finado en Sremski Karlovci (Iugoslavia) o 10 de agosto de 1936, foi un bispo ortodoxo ruso, primeiro xerarca e fundador da Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia.
Traxectoria
Naceu en Vatagino, preto de Velikii Novgorod en 1863.[1] Foi consagrado bispo en 1897.[1] Foi bispo de Zhytomyr-Volinia entre 1902 e 1914, e posteriormente de Khárkiv até 1918, cando foi elixido metropolita de Kíiv da Igrexa ortodoxa rusa.[1] O 8 de decembro de 1918 foi arrestado por "actividades anti-ucraínas" e enviado ao mosteiro basiliano de Buchach.[1] Foi liberado pola insistencia do metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi e enviado a Cracovia.[1] En 1919 volveu a Kíiv xunto ao exército de Denikin, e marchou novamente coa súa derrota.[1] Instalouse en Sremski Karlovci (Iugoslavia), dende onde dirixiu á Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia até o seu pasamento o 10 de agosto de 1936.[1]
Notas