Antón Blanco Casás, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 9 de xaneiro de 1996, é un poeta galego.
Traxectoria
Estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi primeiro premio de poesía na XLII edición dos Premios Minerva.[1] Ten publicado poemas nas revistas Dorna e Grial. En xuño de 2016 publicou o seu primeiro poemario, A oseira, sendo o primeiro número da editorial Chan da Pólvora.
Tocou a batería no grupo Atrás Tigre. É profesor de educación secundaria.
Obras
Poesía
- A oseira, 2016, Chan da Pólvora.
- Tres estudos para un poema da cidade, 2018, Galaxia.
- Voz do arqueiro, 2020, Chan da Pólvora.[2]
Ensaio
- Ensaio sobre o poema e o mar da morte, 2020, Euseino?
Obras colectivas
- No seu despregar, 2016, Apiario.
- 13. Antoloxía da poesía galega próxima, 2017.
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas