Atrás Tigre é un grupo galego de música pop formado en 2016 en Santiago de Compostela. Está formado por Olalla Cociña (teclados e voz), Xiana Arias (baixo), Pedro Solla (voz e guitarra) e Antón Blanco (batería). O seu estilo foi definido entre o pop C-86, o dream pop e o jangle pop con intensidade shoegaze[1].
Historia
En 2016 publicaron o seu EP Atrás Tigre, editado en formato casete por Triunvirato, gravado en Laboratorio Soyuz por Máster do Son (Malandrómeda)[2]. En 2017 publicaron o LP Fainos saír (Triunvirato), gravado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martín Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow)[3].
As súas letras teñen unha fonda carga poética, e inclúen versos de Aníbal Núñez, Estevo Creus, Olvido García Valdés e Gonzalo Hermo[4].
Discografía
- Atrás Tigre (Triunvirato, 2016; casete)
- Fainos saír (Triunvirato, 2017; LP)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas