Antón Baamonde

Modelo:BiografíaAntón Baamonde
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Vilalba, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
11 de xuño de 2018manifesto «Anovar o pacto constitucional» Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1150074 Bitraga: 3143 AELG: 61 BUSC: baamonde-anton-1959 Dialnet: 1685549
Antón Baamonde no 2009.

Antón Baamonde García, nado en Vilalba o 1 de marzo de 1959,[1] é un profesor de filosofía e ensaísta galego.[2][3]

Traxectoria

Estudou o bacharelato no Instituto da súa vila natal e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de Filosofía nun Instituto de Santiago de Compostela. Colaborador habitual en diversos medios de comunicación escritos (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, El País), radiofónicos Radio Galega, SER ademais de en revistas como Galicia Internacional, Agália ou Grial.[4] Formou parte do Consello de redacción da revista Luzes de Galiza, xunto con Lino Braxe, Xavier Seoane e Manuel Rivas e foi coordinador do "Foro Luzes de Galiza" que se distinguiu por dar á luz unha serie de manifestos que enfocaron Galicia a outra luz distinta da do conservadorismo non só gobernamental. É membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, do Consello Asesor da Fundación Carlos Casares e do Padroado de RadioFusión, a entidade que engloba as emisoras municipais galegas.[5]

Obra en galego

Ensaio

Conversas

Obras colectivas

  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos
  • "Tres panfletos (im) pertinentes", en Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista, de Xaquín F. Leiceaga, Antón Baamonde, Bieito Iglesias e Rafael Martínez Castro. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1990.
  • "Visiones sólo parcialmente místicas", en Las palabras de la tribu: escritura y habla. Madrid: Ed. Cátedra / Ministerio de Cultura, 1993.
  • "Tino Martinez: a signatura das cousas", no catálogo Ex-votos, do fotógrafo Tino Martínez. A Coruña: Centro Galego das Artes da Imaxe, 1994.
  • "Pensamiento débil / pensamiento trágico", en Filosofía, política, religión: más allá del pensamiento débil, Gianni Vattimo et al. Oviedo: Ed. Nobel, 1996.
  • Homenaxe a Ramón Piñeiro. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2001.
  • Carlos Casares, as imaxes, os amigos. Vigo: Ed. A Nosa Terra, 2005.
  • La reinvención de España. Fundación Alternativas. Madrid, 2006.
  • "Notas sobre o así chamado feísmo" en Feísmo: destruír un país. Antón Baamonde e outros. Difusora de Ideas. Ourense, 2006.
  • "Para saír do tempo e do espazo". Texto para o catálogo da exposición O Futuro da Actualidade, realizada no CGAC do 14 de setembro ao 10 de decembro do 2006. Xunta de Galicia. CGAC, 2006.
  • "Homes fráxiles"”. Prólogo á A Piragua de Cándido Pazó. CDG, 2008.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.

Obra en castelán

  • El laberinto y sus salidas. (1998). Madrid: Tecnos.
  • La reinvención de España: una radiografía de la España de hoy (2001). Barcelona: Ronsel.
  • La rosa sin por qué (2001). Valencia: Pre-textos.

Notas

  1. Barrera 2002, p. 49.
  2. "Antón Baamonde". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2021. Consultado o 2021-11-15. 
  3. "Antón Baamonde". www.aelg.gal. Consultado o 2021-11-15. 
  4. "Antón Baamonde". www.eldiario.es. Consultado o 2021-11-15. 
  5. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-15. 
  6. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-15. 
  7. "Presentación de “Unha nova Olanda”, no Club Faro de Vigo". Editorial Galaxia. 2021-11-11. Consultado o 2021-11-15. 
  8. Seoane, Xavier (xullo, agosto, setembro 2022). "A demanda dun proxecto estratéxico e global para Galicia". Grial LX (235): 84–85. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas