Annemarie Moser-Pröll, nada en Kleinar (Salzburgo) o 27 de marzo de 1953 é unha ex-esquiadora austríaca. Foi a esquiadora alpina de máis éxito na década de 1970, con seis títulos xerais, incluídos cinco consecutivos. Moser-Pröll logrou os seus maiores triunfos en descenso, slálom xigante e cominada. En 1980, o último ano que competiu, obtivo a súa terceira medalla olímpica, primeira de ouro e gañou cinco carreiras da Copa do Mundo.
Traxectoria
Durante a súa carreira, Moser-Pröll gañou a Copa do Mundo en seis ocasións, incluíndo cinco consecutivas (1971-75). Logrou 62 vitorias na Copa do Mundo, segunda muller en número de vitorias tras Lindsey Vonn. Aínda así, continúa a ser a mellor muller en porcentaxe de vitorias xa que nesa época disputábanse poucas carreiras. Gañou cinco títulos de campionato do mundo (3 en descenso e 2 en combinada) e unha medalla de ouro olímpica. Entre 1973 e 1974 gañou once carreiras de descenso consecutivas.
O camiño á súa primeira e única medalla olímpica de ouro foi longo: nos Xogos Olímpicos de 1972 en Sapporo, estaba considerada a favorita en descenso e slálom xigante, mais nas dúas modalidades acabou segunda detrás da suíza Marie-Theres Nadig. Tras obter o seu quinto título mundial consecutivo, interrompeu a súa carreira para coidar o seu pai, enfermo de cancro de pulmón, perdendo a tempada completa da Copa do Mundo e os Xogos Olímpicos de 1976, que tiñan lugar no seu país, en Innsbruck.[1] Trala morte do seu pai en xuño de 1976, volveu ao esquí competitivo de novo entre as mellores, finalizando segunda na Copa do Mundo en 1977 e 1978 e gañando a de 1979. Nos Xogos Olímpicos de 1980 en Lake Placid, conseguiu finalmente a medalla de ouro en descenso, coa súa rival de 1972 Marie-Theres de novo no podio, tras obter a medalla de bronce.[2]
Varias semanas despois dos Xogos Olímpicos de 1980, retirouse do esquí competitivo e montou o seu propio café, "Weltcup-Café Annemarie" en Kleinarl, que decorou coa súa extensa colección de copas e trofeos.[1] En 2008, meses despois da morte do seu home, retirouse do negocio e vendeu o establecemento a investidores locais, que o mantiveron co nome de "Café-Restaurant Olympia."
Vida privada
A súa irmá máis nova, Cornelia Pröll, tamén foi esquiadora olímpica.[1]
Casou con Herbert Moser en 1974 e a súa filla Marion naceu en 1982.
Resultados da copa do mundo
Tempada |
Idade |
Resultado |
Slálom |
Xigante Slálom |
Super Xigante |
Descenso |
Combinada
|
1969 |
15 |
16 |
15 |
— |
A primeira WC SG feminina tivo lugar en xaneiro de 1983 |
5 |
Oficialmente só se disputou en 1976 e 1980
|
1970 |
16 |
6 |
14 |
3 |
8
|
1971 |
17 |
1 |
3 |
1 |
1
|
1972 |
18 |
1 |
9 |
1 |
1
|
1973 |
19 |
1 |
18 |
2 |
1
|
1974 |
20 |
1 |
5 |
7 |
1
|
1975 |
21 |
1 |
4 |
1 |
1
|
1976 |
22 |
non participou
|
1977 |
23 |
2 |
11 |
3 |
|
2 |
|
1978 |
24 |
2 |
8 |
5 |
1
|
1979 |
25 |
1 |
2 |
12 |
1
|
1980 |
26 |
2 |
3 |
7 |
2 |
2
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas