Annejet van der Zijl

Modelo:BiografíaAnnejet van der Zijl

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Annajetske van der Zijl Editar o valor en Wikidata
6 de abril de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Leeuwarden, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, guionista, xornalista, biógrafa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webannejetvanderzijl.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3836274 Discogs: 3722341 Editar o valor en Wikidata

Annajetske (Annejet) van der Zijl, nada o 6 de abril de 1962 en Leeuwarden, é unha xornalista, historiadora e escritora neerlandesa.

Traxectoria

Annejet van der Zijl medrou nunha familia de mestres en Frisia. Realizou estudos secundarios nun instituto cristián na súa cidade natal. Entrou na Universidade de Ámsterdam, alí primeiro estudou historia da arte e logo xornalismo. En 1998 realizou en Londres un mestrado en xornalismo internacional. Traballou como redactora da revista HP/De Tijd.

Libros

O seu primeiro libro. Jagtlust publicouse en 1998 e alí traza a historia da célebre vila do mesmo nome, en Het Gooi, desde a súa construción en 1871 ata a época recente, así como a biografía do seu máis célebre ocupante, Fritzi Harmsen van Beek, musa de artistas nas décadas de 1950 e 1960.

En 1998 deixou a redacción de HP/De Tijd para escribir a biografía da escritora Annie M.G. Schmidt, encargada polo fillo da escritora Flip van Duyn e a súa editora Ary Langbroek, que buscaban unha obra que seguise o modelo anglosaxón: a historia o máis completa posible e contada dun xeito pracenteiro. Publicouse en 2002 co título de Anna e inspirou unha serie de televisión,Annie M.G. que se emitiu en 2010.

Sonny Boy (2004), é unha reconstrución literaria baseada nas cartas que deixaron os amores reais e prohibidos de Waldemar Nods, un mozo surinamés, e Rika van der Lans, unha muller neerlandesa casada, na década de 1930 e a segunda guerra mundial. O libro converteuse nunha obra moi popular, con medio millón de exemplares vendidos só nos Países Baixos, foi traducida a varias linguas e fíxose un filme de título homónimo, dirixido por Maria Peters e que tivo a súa estrea en 2011. En 2010 aprobou o doutoramento pola Universidade de Ámsterdam, cunha biografía do príncipe Bernhard, que publicou con igual título Bernhard. En 2013 publicou Moord in de Bloedstraat e en 2014 Gerard Heineken, a biografía ata entón descoñecida do fundador das cervezas Heineken. Para novembro de 2015 está previsto que saia do preloDe Amerikaanse prinses.

Premios

  • 2003: Zeeuwse Boekenprijs - Anna
  • 2006: Littéraire Witte Prijs
  • 2010: M.J. Brusseprijs - Bernhard
  • 2012 Gouden Ganzenveer

Véxase tamén

Ligazóns externas