Anders Celsius |
|
Nacemento | 27 de novembro de 1701 (Xuliano) Uppsala (Imperio Sueco)
|
---|
Morte | 25 de abril de 1744 (Xuliano) (42 anos) Uppsala ()
|
---|
Causa da morte | tuberculose |
---|
Lugar de sepultura | Igreja de Gamla Uppsala (pt) , floor 59°53′59″N 17°37′57″L / 59.89975227, 17.63257565 |
---|
|
Rector of the University of Uppsala (en) |
---|
1743 – 1743 ← Magnus Beronius (pt) – Petrus Ullén (en) → |
Rector of the University of Uppsala (en) |
---|
1739 – 1739 ← Olof Celsius – Anders Grönwall (en) → |
|
|
Residencia | Observatório Astronômico de Uppsala (pt) (1741–1744) Suecia |
---|
Educación | Universidade de Uppsala (–1728) |
---|
Director de tese | Eric Burman (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Astronomía |
---|
Ocupación | astrónomo, inventor, químico, profesor universitario, físico, matemático, meteorólogo |
---|
Empregador | Universidade de Uppsala (1738–1744) Academia francesa das ciencias. French Geodesic Missions (en) (1735–1737) Universidade de Uppsala (1728–1732) |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Johan Gottschalk Wallerius (pt) |
---|
|
Obras destacables |
Doutorando | Jakob Gadolin (pt) e Pehr Wilhelm Wargentin |
---|
|
Pai | Nils Celsius |
---|
Parentes | Anders Spole, avó materno Magnus Celsius, avó paterno Olof Celsius, tío Olof Celsius, curmán entregue |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Svenskt biografiskt handlexikon (en) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
---|
|
Anders Celsius, nado en Ovanåker o 27 de novembro de 1701 e finado na mesma vila o 25 de abril de 1744, foi un físico e astrónomo sueco.
Traxectoria
Profesor de astronomía na Universidade de Uppsala (1730-1744). Supervisou a construción do Observatorio de Uppsala, do que foi nomeado director en 1740. En 1733 publicou unha colección de 316 observacións de auroras boreais. En 1736 participou nunha expedición a Laponia para medir un arco de meridiano terrestre, o cal confirmou a teoría de Isaac Newton de que a Terra achatábase nos polos. Nunha memoria que presentou á Academia de Ciencias Sueca propuxo a escala centígrada de temperaturas, coñecida posteriormente como escala Celsius.
Celsius é coñecido como o inventor da escala centesimal do termómetro. Aínda que este instrumento é un invento moi antigo, a historia da súa gradación é do máis caprichosa. Durante o século XVI era graduado como "frío" colocándoo nunha cova e "quente" expoñéndoo aos raios do sol estival ou sobre a pel quente dunha persoa. Máis tarde o francés Réaumur e o alemán Fahrenheit en 1714, graduárono baseándose na temperatura do xeo no seu punto de fusión e na do vapor da auga ao ferver, pero a escala alemá ía de 32 a 212 graos, mentres que a francesa facíao de 0 a 80 graos.
En 1742, Celsius propuxo substituír a escala do científico alemán por outra dun manexo máis sinxelo. Para iso creou a escala centesimal que ía de 0 a 100 graos e inventou o termómetro de mercurio. O punto correspondente á temperatura 100 °C coincidía co punto de conxelación da auga mentres que a temperatura a 0 °C equivalía á temperatura de ebulición da auga a nivel do mar. A escala, polo tanto, indicaba un descenso de temperatura cando a calor aumentaba, ao contrario de como é coñecida actualmente. O seu compatriota o científico Carl von Linné (coñecido como Linneo) invertería esta escala tres anos máis tarde.
Esta escala centígrada de temperaturas foi proposta nunha memoria que presentou á Academia de Ciencias Sueca. O termómetro de Celsius foi coñecido durante anos como "termómetro sueco" pola comunidade científica, e tan só se popularizou o nome de "termómetro Celsius" a partir do século XIX.