Naceu no seo dunha familia de labradores. O seu pai, Victoriano Pastor Serrano, aínda que nacido en Viveiro, residía na vila zamorana de Cubillos.[2] Ana Pastor fixo os seus primeiros estudos na escola da súa vila natal, sendo unha alumna avantaxada de Evangelina, a súa mestra. Na súa xuventude pensaba ser matemática,[1] pero máis tarde orientouse cara á medicina, licenciándose na Universidade de Salamanca, e especializándose en Medicina Familiar e Comunitaria.
Ademais de licenciada en Medicina e Cirurxía, é MBA en Business Administration.[3] Ademais, é funcionaria do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria do Estado.[Cómpre referencia]
A partir dese momento inicia unha carreira ascendente na administración do Estado, que a levan a ocupar sucesivamente os postos de subsecretaría en todos os departamentos dos que Rajoy foi nomeado ministro: Educación e Cultura (1999), Presidencia (2000) e Interior (2001). Finalmente, entre 2002 e 2004 convértese en ministra de Sanidade e Consumo.[5]
Desde 2004 é Secretaria Executiva de Política Social e Benestar do PP.
En 21 de decembro de 2011 foi designada ministra de Fomento por Rajoy, para formar parte do primeiro goberno do PP tras o triunfo do devandito partido nas Eleccións Xerais do 20 de novembro, posto que ocupou durante toda a lexislatura.
Presidencia do Congreso
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou o 18 de xullo de 2016 que Pastor era a candidata dos populares á presidencia do congreso dos Deputados.[6]
O 19 de xullo de 2016 foi proclamada presidenta do Congreso da XII Lexislatura. A súa designación necesitou de dúas roldas de votacións da sesión constitutiva, xa que na primeira non alcanzou a maioría absoluta requirida polo regulamento da Cámara. Na segunda acadou a maioría simple, obtendo 169 votos dos deputados do PP e de Ciudadanos, e 10 máis seguramente dos nacionalistas cataláns e vascos, fronte aos 155 obtidos polo candidato socialista e anterior presidente da Cámara, Patxi López (ademais, houbo 25 votos en branco).[5][7][8]
Tras a súa toma de posesión, Pastor converteuse na segunda muller que preside o Congreso, tras a tamén popularLuisa Fernanda Rudi.[9][10]
Ao día seguinte á súa proclamación, a nova presidenta foi recibida polo rei Filipe VI, a quen lle comunicou oficialmente que a Cámara Baixa quedara constituída e lle trasladou a relación de forzas políticas que a compoñen, para que o xefe do Estado poida iniciar así a rolda de consultas políticas previas á investidura.[5][11]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.