Aníbal Calvo Malvar, máis coñecido como Aníbal Malvar, nado na Coruña en 1964, é un xornalista e escritor galego en lingua galega e castelá.
Traxectoria
É autor de varias novelas de serie negra e tamén guionista de cómic en colaboración con Rober G. Méndez. Traballou como xornalista no diario El Mundo e en 2011 no diario Público. Xornalista polémico, algún dos seus artigos sobre os McCann[1] ou sobre a situación lingüística en Galicia[2] recibiron duras críticas por parte doutros medios.