Unha noite con Carla

Unha noite con Carla
Autor/aAníbal Malvar
CubertaX. M. Albán
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)novela negra
EditorialXerais
Data de pub.1995
Formatorústica con lapelas
13 x 21 cm
Páxinas224
ISBNISBN 978-84-7507-960-8
Premios
editar datos en Wikidata ]

Unha noite con Carla é unha novela do ano 1995 escrita por Aníbal Malvar. Recibiu o premio Xerais en 1995 e o premio Arcebispo San Clemente en 1997.

Argumento

Ambientada en boa parte en Santiago de Compostela, fala das vicisitudes de Iago Meside, man dereita dun conselleiro da Xunta de Galicia, que intenta descubrir se outro dos conselleiros se suicidou, ou se foi asasinado pola súa propia muller, Carla Artús.

Traducións

  • Ao castelán por Ana Luna Alonso co título de Una noche con Carla publicado en 2008 por Inéditor. Col. Nigra[1].

Notas

  1. Ficha Arquivado 29 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén

Ligazóns externas