Unha amina aromática é un composto orgánico que consta dun anel aromático unido a unha amina. É unha ampla clase de compostos que comprende as anilinas, pero tamén moitos máis compostos con complexos de aneis aromáticos e moitos substituíntes aminas ademais do NH2..[1] As aminas aromáticas son amplamente utilizadas como precursores de pesticidas, fármacos e tinturas.
Desde agosto de 2012, está en vigor o novo estándar EN 14362-1:2012 Téxtiles - Métodos para a determinación de certas aminas aromáticas derivadas de colorantes azo - Parte 1: Detección do uso de certaos colorantes azo accessible con e sen extraer as fibras. Foi aprobado oficialmente polo Comité Europeo para a Estandarización (CEN) e substitúe os estándares de tests EN 14362-1: 2003 e EN 14362-2: 2003.
O estándar describe un procedemento para detectar aminas aromáticas prohibidas na Unión Europea derivadas de colorantes azo en fibras téxtiles, incluíndo fibras naturais, feita polo home, rexeneradas e mesturadas. O estándar é tamén relevante para todos os colorantes de téxtiles, por exemplo, téxtiles tinguidos, impresos ou cubertos.