O Amegrove Club de Remo é unha entidade deportiva do Grove adicada ó remo, que foi creada en 1979 pola Asociación de Mexilloeiros do Grove, e que participou por primeira vez nunha regata de traiñeiras en 1981. Na actualidade compite na Liga Galega de Traiñeiras.
Historia
Dende 1982 participou nos campionatos de España xuvenís nas modalidades de bateis e traiñeiriñas, acadando diversos éxitos en anos seguintes tanto en categoría xuvenil como en infantil, cadete e sénior. En 1992 tamén competiron na modalidade de remo olímpico.
No 2011 gañaron o VII Campionato de España de banco fixo llaüt Mediterráneo[1], modalidade na que competían por primeira vez. Esta dispútase con embarcacións tradicionais da zona, parecidas ás traiñeiras, pero so con oito tripulantes e un patrón.
Dende a súa fundación, Amegrove Club de Remo conseguiu nas diferentes modalidades e categorías dos campionatos de España de remo: