América, América (en inglés: America America) é un filme estadounidenses dirixido, producido e escrito por Elia Kazan que se estreou en 1963. É unha adaptación do seu propio libro, publicado en 1962. Inspirado na vida do tío de Kazan, Avraam Elia Kazantzoglou, o director emprega actores pouco coñecidos, mais todo fío argumental xira arredor da interpretación do actor grego Stathis Giallelis, que está virtualmente en cada escena deste filme de tres horas.
Sinopse
O grego Giallelis está farto da opresión turca e soña con emigrar a América, mais o soño non é fácil de realizar. Finalmente conségueo, mais o país para onde vai convértese nun pesadelo.
Personaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas