Na actualidade é senadora por designación autonómica en representación da Comunidade Autónoma de Cataluña.[1] Na Cámara Alta exerce de portavoz de Traballo e Inmigración do Grupo Popular, así como de vogal nas comisións de Interior e Comunidades Autónomas.[2] Tamén foi presidenta do Partido Popular de Xirona. Foi a candidata alternativa de Mariano Rajoy como consenso ante as candidaturas presentadas inicialmente para presidir o Partit Popular de Catalunya,[3] gañando cunha axustada marxe ante a outra candidata do partido, Montserrat Nebrera.[4]
En maio de 2008 é designada xunto a María San Gil e a José Manuel Soria membro da comisión redactora do relatorio político do XVI Congreso nacional do PP, celebrado en xuño dese mesmo ano, relatorio que precipitaría a saída unilateral de San Gil do PP vasco.
Durante o XII Congreso Autonómico do Partit Popular de Catalunya, celebrado os días 5 e 6 de xullo en Barcelona, é proclamada nova presidenta rexional.