A freguesía de Alvor ocupa unha extensión de 15 25 km², e no ano 2011 tiña unha poboación de 6 154 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 403,5 hab/km².
Evolución da poboación da freguesía de Alvor (1864-2011)[1]
1864
1878
1890
1900
1911
1920
1930
1940
1950
1960
1970
1981
1991
2001
2011
2 157
2 287
2 443
3 051
3 102
2 894
3 342
3 303
3 751
3 706
3 956
4 805
4 236
4 977
6 154
Patrimonio natural
Entre Portimão e Lagos sitúase a ría de Alvor, un amplo estuario, no que drenan as ribeiras de Odeáxere e Arão, a poñente, e as ribeiras do Farelo e Torre ao nacente, orixinadas nas Serras de Monchique e de Espinhaço de Cão. A zona lagunar encóntrase separada e protexida do mar por dúas linguas de area, a praia de Alvor, ao nascente, e a Meia-Praia ao poñente, rodeando dous promontorios.[2]
Outras características de importancia para a UE: 13 hábitats, incluíndo o estuario, as salinas, as dunas. Especies: sapoconcho leproso (Mauremys leprosa), lontra (Lutra lutra) e Linaria algarviana (unha planta da familia das plantaxináceas).
Historia
Orixe: Idade Antiga
O nome Alvor está asociado ao de Portus Hannibalis, un porto fundado polo xeneral cartaxinésHaníbal Barca,[5][6] segundo menciona João de Barros]: "Alvor, vila no Reino do Algarve, sabia-se chamar Porto de Aníbal, como diz Florián de Ocampo".[7]
O asentamento creceu arredor do mar, preto do lugar chamado Vila Velha, onde unha cultura castrexacelta dominou a desembocadura do río durante a Idade do Ferro.[6]
É probábel que fose a colonia romana de Ipses, que foi autorizada a cuñar moeda, e foi absorbida durante a época romana.[6]
Idade Media
En 716, no curso da Invasión musulmá da Península Ibérica foi conquistada polos mouros e comezou a ser denominada Albur ou Alvor, nome da serra onde se construíu o castelo de Alvor,[8] do que quedan apenas vestixios.[6]
Alvor foi reconquistada polo rei Sancho I o 3 de xuño de 1189, coa axuda de cabaleiros cruzados,[6] pero foi retomada dous anos máis tarde polos musulmáns, e reconquistada definitivamente en 1250,[5] coa conquista do Algarve por Afonso III.[6] Foi econstruída polo rei Dinís en 1300.[6]
Idade Moderna
A vila serviu durante 500 anos como defensa costeira contra os ataques de piratas, até que foi destruída en 1755 polo terremoto e conseguinte tsunami que arrasou Lisboa.[6]
Por decreto de Afonso V, de 22 de maio de 1469 Alvor elevouse o condado, outorgándolle o título a Afonso, conde de Faro.[6] O título de conde de Alvor foi creado en 1683 por Pedro II, pero este título durou pouco tempo, extinguíndose e volvendo á coroa durante o Proceso dos Távoras, pola condena do 3º conde de Alvor, Francisco de Assis de Távora, que estivo implicado nunha conspiración contra o rei João II (en 1483-1484).
Durante o reinado de João II, Alvor continuou recibindo mecenado. O rei morreu o 25 de outubro de 1495 no palacio de Álvaro de Ataíde, despois de coller un calafrío en Monchique (a residencia situada na Rúa do Poço), situado preto dos supostos mananciais de augas termais de Caldas de Monchique).[5][6]
↑Grupo de Acompanhamento da Ria de Alvor, ed. (2012). "Ria de Alvor"(en portugués). Archived from the original on 19 de xuño de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2019.
Lopes, João Baptista da Silva (1841): Corografia, ou, Memoria económica, estadistica, e topográfica do Reino do Algarve. Lisboa: Academia Real das Sciencias.
Almeida, João de (1948): Roteiro dos monumentos militares Portugueses. Volume III. Lisboa: Livraria Castro e Silva.