Alicia Ostriker

Modelo:BiografíaAlicia Ostriker

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison
Universidade Brandeis Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, feminismo, lingua inglesa, ciencia da literatura e Jewish poetry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, profesora universitaria, especialista en literatura, escritora, estudosa da literatura Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Rutgers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJeremiah Paul Ostriker (1958–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAmerican Women Writers Editar o valor en Wikidata


Alicia Suskin Ostriker, nada en Brooklyn (Nova York) o 11 de novembro de 1937, é unha profesora e poeta estadounidense. Autora de poesía feminista,[1][2][3] foi recoñecida por Progressive como "a poeta máis ferozmente sincera dos Estados Unidos"[1].

Traxectoria

É filla de David Suskin e Beatrice Linnick Suskin.[1] O seu pai traballou para o Departamento de Parques de Nova York. A súa nai líalle a William Shakespeare e Robert Browning, e Alicia comezou a escribir poemas desde nova, ademais de debuxar. Inicialmente quixo ser artista e estudou arte. Os seus libros Songs (1969) e A Dream of Springtime (1979) foron ilustrados con debuxos propios. Ostriker concluíu a súa formación secundaria no Ethical Culture Fieldston School en 1955.

Licenciouse na Universidade Brandeis en 1959 e doutorouse na Universidade de Wisconsin-Madison en 1964[1], cunha tese sobre a obra de William Blake. O texto converteuse no seu primeiro libro, Vision and Verse in William Blake (1965). Máis adiante editou unha versión anotada dos poemas completos de Blake para Penguin Press.[1] Traballou como docente de inglés na Universidade Rutgers entre 1965 e 1972.

Alicia está casada co astrónomo Jeremiah Ostriker, quen foi profesor na Universidade de Princeton entre 1971 e 2001. Asentada en Nova York, ensina poesía no Drew University´s Low-Residency MFA Program.

Obra

En 1969 publicou a súa primeira colección de poemas, Songs. O seu cuarto poemario, The Mother-Child Papers (1980), un clásico feminista, foi inspirado polo nacemento do seu fillo durante a guerra de Vietnam e semanas despois do tiroteo no masacre da Universidade de Kent.

Os libros de non ficción de Ostriker exploran moitos dos temas presentes nos seus versos. Writing Like A Woman (1983), explora os poemas de Sylvia Plath, Anne Sexton, H.D., May Swenson e Adrienne Rich, e The Nakedness of the Fathers: Biblical Visions and Revisions (1994) achégase á Torá.[4] Escribiu a introdución de Empire of Dreams de Giannina Braschi.[5]

Poesía

  • Songs : a book of poems (1969)
  • Once More Out of Darkness and Other Poems (1974)
  • A Dream of Springtime: Poems 1970–1978 (1979)
  • The Mother/Child Papers (1986)
  • A Woman Under the Surface (1982)
  • The Imaginary Lover (1986)
  • Green Age (1989)
  • The Crack in Everything (1996)
  • The Little Space: Poems Selected and New, 1968–1998 (1998)
  • The Volcano Sequence (2002)
  • No Heaven (2005)
  • The Book of Seventy (2009)
  • At the Revelation Restaurant and Other Poems (2010)
  • April (2011)

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Alicia Ostriker Papers". Princeton University Library Finding Aids. Princeton University. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  2. Powell, C.S. (1994). "Profile: Jeremiah and Alicia Ostriker; A Marriage of Science and Art". Scientific American (271): 28–31. 
  3. "Alicia Suskin Ostriker". Penguin Random House. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  4. Ploughshares: Author Detail/Ostriker, Boston, 23 de abril de 2009
  5. Kuebler, Carolyn (1994). Review of Contemporary Fiction. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Domina, Lynn (2008). Poets on the Psalms. Trinity University Press. 
  • Ostriker, Alicia (1996). The Crack In Everything. Pitt Poetry Series. ISBN 0-8229-5593-8. 
  • Ostriker, Alicia (2005). No Heaven. Pitt Poetry Series. ISBN 0-8229-5875-9. 
  • Ostriker, Alicia (2009). The Mother/Child Papers. University of Pittsburgh Press. ISBN 978-0-8229-6033-1. 
  • Ostriker, Alicia; Wolpe, Sholeh (2010). Sin:Selected Poems of Forugh Farrokhzad. ISBN 978-1-55728-948-3.