María Alicia Crespí González, nada en Pontevedra o 24 de outubro de 1922 e finada en Madrid o 31 de maio de 2012, foi unha científica e profesora galega, a primeira catedrática dunha escola superior en España.[1][2]
Traxectoria
Neta de Antonio Crespí Más, secretario do Instituto de Pontevedra, por parte paterna e de Avelina Pérez Vázquez por parte materna. Estudou no colexio das Doroteas. Iniciou a carreira de químicas na Universidade de Santiago de Compostela e rematou en Madrid, onde tamén fixo o doutoramento. Foi catedrática de electrotecnia, luminotecnia e técnicas de acondicionamento e acústica na ETS de Arquitectura de Madrid, investigadora na Junta de Energía Nuclear e catedrática de materias primas da Escola de Comercio de Cidade Real.
Vida persoal
Casou con Ángel González Ferrero. Legou ao Museo de Pontevedra 840.000 euros e unha colección de arte.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas