Avelina Pérez Vázquez, nada en Cerdedo-Cotobade e finada na Coruña o 15 de xuño de 1924, foi unha mestra e pedagoga galega.
Traxectoria
Filla de Manuel Pérez e irmá de Severino Pérez Vázquez (1844-1915). Foi directora da Escola Normal de Pontevedra de 1864 practicamente ata a súa xubilación en 1918, aínda que foi suspendida no cargo en dúas ocasións (1891 e 1903).
Finou na Coruña aos 82 anos.[1] Está enterrada no Cemiterio Municipal de San Amaro da Coruña.
Vida persoal
Casou con González Font. Foi nai de Castor (1874-1945, director do Orfeón La Artística de Pontevedra) e de Huberto González Pérez (1871-1923, violinista concertino do Teatro Real de Madrid e da Real Capela). Foi avóa de Alicia Crespí González.
Notas
- ↑ Necrolóxica en El Ideal Gallego, 17-6-1924, p. 6.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas