Alfredo Yáñez Domínguez

Modelo:BiografíaAlfredo Yáñez Domínguez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Xares, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Sernande, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAguirre
Quinito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, traballador ferroviario Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10578 Los de la sierra: 8738

Alfredo Yáñez Domínguez, coñecido como Aguirre ou Quinito, nado en Xares (A Veiga) e finado en Felgueiras o 5 de novembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Obreiro do ferrocarril, veciño de Corzos e afiliado á Sociedad Obrera y Campesina de Xares da UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte no outono de 1936 con Manuel Álvarez Arias. De seguida formou un grupo independente que tivo actividade na Cabreira, Ponferrada, Viana do Bolo, O Barco de Valdeorras e A Gudiña. O seu grupo foi acusado de cometer tres asasinatos entre 1936 e 1943. Un dos seus membros, Panarra, entregouse á Garda Civil na Gudiña en xuño de 1939 e outro, Serio, foi morto o 29 de setembro de 1941 durante un choque coa Garda Civil en Zamora. Foi xulgado en Ourense por asasinato e declarado en rebeldía. Despois formou parte do grupo de Domingo Rodríguez Rodríguez na serra dos Corzos, aínda que nunca gustou de adaptarse ás organizacións guerrilleiras. Morreu nun enfrontamento con axentes españois e portugueses en Sernande (Portugal) o 5 de novembro de 1947.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 142. ISBN 84-8485-231-8.