Alfredo Vázquez Pérez, máis coñecido como Alfredo Vázquez, ás veces escrito Alfredo Vázquez 花火,[a] nado na Ribeiriña (A Pobra do Caramiñal) o 27 de novembro de 1988, é un escritor galego.
Traxectoria
É director, xunto con Branca Trigo Cabaleiro, da editorial Malafera.[1] A través de dita editorial publicou os fanzines Os catro selos e Gardar como… ademais dun poemario titulado Trítono. Participou en varios festivais como a Feira Freak e publicacións colectivas; tamén colabora habitualmente no espazo de micrófono aberto Cerimonia de gaivotas.[2] A súa obra adoita abordar temas como a adicción a substancias, a dor emocional, o envellecemento, a precariedade, a depresión e o rachar doloroso co pasado rural galego e a miúdo fai uso da linguaxe neutra.
Notas
- ↑ Hanabi (花火, hanabi?, trad. : fogos de artificio)
- Referencias