Alfredo Ferreiro

Modelo:BiografíaAlfredo Ferreiro
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía

BNE: XX1295535 AELG: 144 BUSC: ferreiro-alfredo-1969

Alfredo Ferreiro Salgueiro, nado na Coruña o 20 de marzo de 1969, é un escritor en lingua galega.

Traxectoria

É licenciado en filoloxía hispánica e está especializado en teoría da literatura. Ten participado en diversas publicacións académicas, é mantén o vencello co mundo universitario.

Como autor, comezou cando novo publicando poesía na revista Luzes de Galiza. Como editor, é socio fundador de "Amigos de Azertyuiop" (1995) xunto a Tati Mancebo, Dulce Fernández Graña e François Davo. A devandita agrupación editou Os Cadernos de Azertyuiop (1995-1999), unha recompilación de obras de diversos autores.

Mantén, conxuntamente con outros autores, o blog de crítica literaria O levantador de minas, que obtivo un premio da AELG en 2011. Así mesmo, foi un dos membros do equipo da comunidade de blogs en lingua galega Blogaliza.

Obras

Poesía

Obras colectivas

Teoría da literatura

  • "O Romanceiro Velho: tipologia e teoria dos polissistemas", Iº Simposio da Asociación Galega de Semiótica (A.G.A.S.), Coruña: Universidade da Coruña. (1997).
  • "Teoría y simbología de la acción: el romance del Conde Dirlos", Actas VIIº Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica, Zaragoza. (1998).

Crítica literaria

  • "O tratamento dos xudeus nas Cantigas de Santa Maria", Actas IVº Congresso da Associação Hispânica de Literatura Medieval, Lisboa: Universidade de Lisboa. En colaboración con Dulce Fernández (1991).
  • "A teatralidade da Danza General de la Muerte", Gaveta nº 3, A Coruña: Universidade da Coruña. (1992).
  • "Manuel-António e a lei suprema da estética", revista literaria Ólisbos, Santiago de Compostela: Universidade de Compostela. (1997).
  • "Reflexões sobre uma literatura funambulista", Anto. Revista semestral de cultura, nº 2, Amarante: Edições do Tâmega. (1997).
  • "Do teatro vanguardista actual". número 2 da revista Anarquista. Coruña: Ateneus Libertários da Galiza. (1998).
  • "Para uma reflexão moderna sobre a poesia galega actual", Actas Vº Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, Vigo: Universidade de Vigo e Associaçom Galega da Língua. (2000).

Véxase tamén

Ligazóns externas