Alfred Jodl, nado en Würzburg, Alemaña, o 10 de maio de 1890 e finado o 16 de outubro de 1946, foi oficial da Wehrmacht e axudante persoal de Wilhelm Keitel.
Traxectoria
Educado na escola de cadetes en Múnic, graduouse en 1910, incorporándose ao exército como oficial de artillaría. Durante a primeira guerra mundial combateu nas frontes occidental e oriental, sendo ferido en dúas ocasións.
Coñeceu a Adolf Hitler en 1923 e en 1935 foi nomeado Xefe de Defensa Nacional da Wehrmacht. O 26 de agosto de 1939 ascendeu a xeneral. Durante a segunda guerra mundial foi Xefe do Departamento de Mando e Operacións no OKW, sendo conselleiro estratéxico de Hitler. Á morte deste foi nomeado Xefe de Estado Maior de Karl Dönitz, asinando a capitulación incondicional de Alemaña en Reims o 7 de maio de 1945.
Foi detido polo exército británico o 23 de maio de 1945, recluído no campo de prisioneiros de guerra de Flensburg e acusado polo Tribunal de Nuremberg de crimes de guerra, crimes contra a paz e crimes contra a humanidade, sendo executado na forca o 16 de outubro de 1946.
Véxase tamén