O alfabeto Protocananeo o abjad lineal (i.e., non-cuneiforme) de sobre vinte glifos acrofónicos. Atópase en textos levantinos da Idade de Bronce final, convencionalmente datada no -1050. A través do seu exitoso sucesor fenicio, converteuse no devanceiro de case todos os alfabetos usados hoxe, desde o grego, o hebreo, o latino e o Tifinagh no oeste ata o Thai ou o mongol.
Descubríronse predecesores, posibelmente aínda en parte logográficos, en Exipto central en 1905 e 1999 (ver alfabetos da Idade de Bronce Medio). Estas antigas escrituras puideron ter máis letras das que logo se atoparon, e puideron tamén incluír variantes das letras (letras diferentes que podían usarse para expresaren o mesmo fonema).
Os nomes das letras, que sobreviven nos alfabetos grego e hebreo, probabelmente xa existían. Os nomes están baseados nun principio acrofónico, presumibelmente a partir de traducións semíticas dos nomes dos xeroglíficos exipcios. Por exemplo, o exipcio nt (auga) converteuse no semítico mu (auga), evolucionando finalmente no latín M, mentres que o exipcio drt (man) se volveu semítico kapp (man), e finalmente no latín K.
A orde das letras neste alfabeto énos descoñecida; o alfabeto ugarítico, que aínda que emprega signos cuneiformes, estaría relacionado con el ten dúas ordes alfabéticas: unha orde ABCD similar á nosa, e outra HLĦM, tamén testemuñada no alfabeto surarábigo e os alfabetos Ge'ez.
A continuación ofrecemos unha reconstrución de vinte das letras, baseada nos sucesores mellor testemuñados (o fenicio e o surarábigo), xunto cos descendentes latinos destas.
- [ʾ] ʾalp "boi" (A)
- [b] bet "casa" (B)
- [g] gaml "búmerang" (C, G)
- [d] digg "peixe" (D)
- [h] haw / hll "xúbilo" (E)
- [w] waw "gancho" (F, U, V, W, Y)
- [z] zen /ziqq "grillón" (Z)
- [ḥ] ḥet (H)
- [ṭ] ṭēt (Θ) "roda"
- [y] yad "brazo" (I, J)
- [k] kap "man" (K)
- [l] lamd "aguillada" (L)
- [m] mem "auga" (M)
- [n] naḥš "serpe" (N)
- [s] samek "peixe"
- [ʿ] ʿen "ollo" (O)
- [p] piʾt "esquina" (P)
- [ṣ ] ṣad "planta"
- [q] qup (Q)
- [r] raʾs "cabeza" (R)
- [š] šimš "sol, o Uraeus" (S)
- [t] taw "sinatura" (T)
Literatura
- Ouaknin, Marc-Alain; Bacon, Josephine: Mysteries of the Alphabet: The Origins of Writing.Abbeville Press.1999. ISBN 0-7892-0521-1
- Cross, F.M. (1979) The Invention and Development of the Alphabet in Senner, Frank (ed.) The Origins of Writing. Lincoln: University of Nebraska Press
- Diringer, David e Freeman, Hilda (1983) A History of the Alphabet. Headley: Gresham Books.
- Healey, John. (1990) The Early Alphabet. Londres: British Museum.
- Neveh, Joseph. (1982) The Early History of the Alphabet. Leiden: E.J. Brill.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas