A existencia dunha clasificación alfabética énos coñecida por varias taboíñas abecedarias. Algunhas taboíñas máis raras, atopadas en Beth Šemeš, clasifican porén as letras na orde surarábiga. O abecedario ugarítico máis habitual dá vinte e sete letras (seguidas de tres adicionais) nesta orde (transcrición tradicional das linguas semíticas):
ʾa, b, g, ḫ, d, h, w, z, ḥ, ṭ, y, k, š, l, m, ḏ, n, ṭ, s, ʿ, p, ṣ, q, r, ṯ, ǵ, t, ʾi, ʾu, s̀
Nota: a letra transcrita como ṭ éo como ẓ no artigo de O'Connor (cf. bibliografía infra).
A primeira letra non é a vogal /a/ senón o ataque glotal (unha consoante) seguido da vogal /a/, pois este abjad — que non escribía normalmente as vogais — non servía para notar este ataque glotal só: en efecto, ʾi e ʾu (ataque glotal seguido de /i/ ou /u/) parecen tern sido engadidas no final do alfabeto, tardiamente, pois. É posíbel que cando a invención deste abjad designase o ataque glotal vocalizado (fose cal for o timbre da vogal) e que máis tarde se especializase para o ataque glotal seguido de /a/ e non doutra vogal, de onde a adición doutras dúas formas nunha época máis tardía.
A presenza dalgúns grafemassilábicos (por exemplo ʾi e ʾu engadidos ao final) é un préstamo segundo o modelo acadio, de onde a presenza dun s̀, para transcribir unha consoante non semítica de valor descoñecido e probabelmente utilizada para os textos escritos en hurrita. Notar que o trazado dalgúns caracteres varía segundo as fontes de documentación indicadas na bibliografía. Non hai en efecto modelo arquetípico real ningún e as inscricións poden ser de estilos moi diferentes.
Tras a destrución da cidade de Ugarit sobre o -1200 polos Pobos do Mar, a súa escritura desapareceu con ela. O alfabeto fenicio tomou o relevo, coa descxendencia coñecida (o alfabeto latinoin fine). É bastante posíbel que o respecto da orde levantina neste alfabeto estea inspirado pola do ugarítico.
Codificación informática
o ugarítico foi engadido aos caracteres de Unicode a partir da cuarta versión, no bloque do mesmo nome que se estende dos postos U+10380 a U+1039F. Ao estaren este caracteres fóra do plano multilingüe de base (PMB), son utilizados con moita dificultade, xa que non todos os sistemas e os navegadores son quen de os manipular. Pódese acudir a esta páxina do espazo web de Alan Wood para atopar algúns.
John Healey, «The Early Alphabet», en Reading the Past, obra colectiva, British Museum Press, 1990;
M. O'Connor, artigo «Epigraphic Semitic Scripts», en The World's Writing Systems, obra colectiva baixo a dirección Peter T. Daniels e William Bright, Oxford University Press, 1996;
Charles Higounet, L'écriture, collection « Que sais-je ? », numéro 653, Presses universitaires de France, 11e edición de 2003;
Marguerite Yon, La Cité d'Ougarit sur le tell de Ras Shamra, ERC, Paris, 1997 (á venda na Association pour la défense de la pensée française en Paris);
«Le royaume d'Ougarit, aux origines de l’alphabet», hors-série des Dossiers de l'archéologie, edicións Faton;
Emmanuel de Roux, «L'alphabet du royaume d'Ougarit », en Le Monde, número do xoves 14 de outubro de 2004.