Alejandra Jhonay Benítez Romero, nada en Caracas, Venezuela, o 7 de xullo de 1980, é unha política, odontóloga, modelo e esgrimista olímpica venezolana.
Carreira
Obtivo o seu título de odontoloxía en 2006 na Universidade Central de Venezuela.
Modelo
Alejandra Benítez foi modelo para varios xornais e revistas. Causou algunha polémica un posado semi-espida previo ao seu nomeamento como Ministra.[1]
Traxectoria deportiva
Durante a súa traxectoria deportiva obtivo numerosos títulos, entre os que destacan: Campioa do Mundo Júnior por Equipos Dijon- Francia 1999, Campionato do Mundo Júnior por Equipos, bronce en South Bend- EEUU. 2008, Subcampioa Panamericanos Sto. Domingo 2003 e Guadalaxara 2011. Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, Pequín 2008[2] Londres 2012[3] e Río de Xaneiro 2016[4]
Participación política
A. Benítez é membro activo do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) da Rexión Capital (Caracas/Dtto. Capital) onde traballou en diversas tarefas organizativas e formativas.
Benítez foi nomeada deputada suplente ante a Asemblea Nacional pola rexión capital até xaneiro de 2016.[5] O 21 de abril de 2013, o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, anunciou na televisión nacional que Alejandra pasaría a ser xefa do Ministerio do Poder Popular para o Deporte.[6] rematando o seu mandato en xaneiro de 2014.
Vida persoal
Alejandra é unha amante dos animais. A súa mascota Matheo, un can mini Yorkshire-Terrier aparecía nas súas redes sociais e perdeu a vida polo outro ataque doutro can en 2017.[7]
Traballo social
A Fundación Benítez Ven [8][9] está presidida por A. Benítez e o seu principal obxectivo é axudar ás novas promesas deportivas e aos clubs e promover o deporte en colexios, comunidades, aldeas e zonas de escasos recursos de toda Venezuela, así como a través das doazóns recibidas de empresas públicas e privadas, e persoas físicas en Venezuela e fóra dela, favorecendo que os nenos e mozos sigan practicando deporte co préstamo e doazón de material de adestramento e competición.
Diversidade de xénero
Alejandra Benítez é abertamente unha loitadora polos dereitos do colectivo LGBTI en Venezuela e está a favor do Matrimonio Igualitario ou entre persoas do mesmo sexo.[10]
Muller e Deporte
Forma parte do Sindicato Nacional de Mulleres UNAMUJER do seu país e loita pola igualdade de condicións das mulleres no deporte.[11]
Notas
Véxase tamén