Alboíno

Modelo:BiografíaAlboíno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 530 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 572 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Verona, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVerona Editar o valor en Wikidata
Rei de Italia
568 – 28 de xuño de 572 – Cleph →
Rei dos longobardos
década de 560 – 572
← Audoíno de LombardíaCleph → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónArianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaGausos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeClodosvinda
Rosmunda Editar o valor en Wikidata
FillosAlbsuinda
 () Clodosvinda Editar o valor en Wikidata
PaisAudoíno de Lombardía Editar o valor en Wikidata  e Rodelinda Editar o valor en Wikidata
IrmánsGrasulfo de Friúl Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Di_Lombardia-19
O asasinato do rei Alboino, de Charles Landseer, Leicester Galleries.

Alboíno é rei dos longobardos máis ou menos desde 563 a 572, sucesor do rei Alduíno, seu pai.

Traxectoria

Tras entrar ao servizo de Bizancio con todo o seu pobo, alíase cos ávaros do khagan Baian contra os xépidos e destrúe o seu reino sobre o Danubio sobre o 567, matando o seu vello rei Cunimundo e casando á forza coa filla deste último, a princesa Rosmunda. Ao principio do ano 568, se cadra por desconfianza cara aos ávaros, pero tamén ao corrente da inestabilidade do dominio bizantino en Italia despois da guerra gótica, decide a migración do seu pobo cara a Italia do norte, non sen ter concluído con Baian un dereito de regreso a Pannonia e a Nórica válido durante dous séculos. Diríxese desde alí co seu pobo e con outras tribos, entre as que se contas os xépidos, saxóns e mesmo ávaros, cara Italia partindo do lago Balaton (na Hungría actual) o luns de Pascua do ano 568. Ocupa o Friúl na primavera de 569, facendo da rexión o primeiro ducado longobardo e instalando nel un sobriño seu, Xisulfo, con sede en Cividale, capital do ducado. Desde o nordeste da península, conquista toda a fértil chaira do Po ata os Alpes, así como a Italia central coa excepción de Rávena e de Roma, que se libran del, conservadas polos bizantinos, e instala o seu cuartel xeral na antiga Regia do rei Teodorico o Grande en Verona. Milán cae ao final do verán de 569 e Pavia capitula despois dun longo e penoso cerco de tres anos (572).

O 23 de xuño de 572, Alboíno é asasinado en Verona mentres dorme a sesta. Segundo a lenda, Rosmunda foi a instigadora desta morte por vinganza, pois o rei a obrigara a beber o viño da vitoria nunha copa feita co cranio do seu propio pai.

Alboíno casara antes con Clotsuínda, unha princesa cristiá merovinxia, filla de Clotario, rei dos francos.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Reino longobardo

Segue a:
Alduíno
Alboíno
Precede a:
Cleph