Alberto Vázquez

Modelo:BiografíaAlberto Vázquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración, Caricatura, historieta, deseño gráfico e cinema de animación Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador gráfico, caricaturista, creador de banda deseñada, deseñador, realizador, ilustrador, cineasta, animador, artista de banda deseñada, director de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata

Páxina webalbertovazquez.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4180240 BNE: XX4436194 Editar o valor en Wikidata

Alberto Vázquez Rico, nado na Coruña en 1980, é un debuxante de banda deseñada, ilustrador e director de cine galego.

Polo seu traballo no cine gañou tres Premios Goya.

Traxectoria

Comezou a estudar Belas Artes na Universidade de Vigo e licenciouse pola Universidade de Valencia. O seu labor como debuxante de banda deseñada arrinca en 2001. Foi un dos cofundadores do selo editorial Polaqia, co que publicou o seu primeiro álbum en solitario en 2002. Tamén dirixiu el mesmo fanzines, como Fanzine enfermo, e participado noutros de relevancia ibérica como Nostros somos los muertos ou Dos veces breve. Como ilustrador, ten desenvolvido diversos traballos para xornais e revistas, entre eles El País.

Pero é sobre todo coñecido pola súa faceta como autor de novelas gráficas. Unha desas obras, Psiconautas, foi levada ao cinema nunha produción guionizada e dirixida conxuntamente por el e mais polo vasco Pedro Rivero, baixo o nome Birdboy. Esta curtametraxe de animación gañou o Premio Goya á mellor curtametraxe de animación e foi preseleccionada para os Oscar.

Posteriormente realizou unha longametraxe baseada nesa curta, Psiconautas, los niños olvidados. O filme gañou o Goya á mellor película de animación en 2017.[1] Nese mesmo ano, Alberto Vázquez levou outro Goya pola súa curta "Decorado".

Ademais é percusionista na banda de pop Mano de obra.

Filmografía

Longametraxes

Curtametraxes

Galardóns e nomeamentos

Premios Goya

Ano Categoría Filme Resultado
2011 Mellor curtametraxe de animación Birdboy Gañador
2014 Mellor curtametraxe de animación Sangre de unicornio Nomeado
2016 Mellor película de animación Psiconautas, los niños olvidados Gañador
2016 Mellor curtametraxe de animación Decorado Gañador

Outros traballos

Como debuxante

Como ilustrador

Como músico

Notas

  1. "Hablamos con el gran triunfador de los Goya al que nadie conoce". El País (en castelán). 15 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  2. ""Psiconautas, los niños olvidados", premio a la mejor cinta de Animación" (en castelán). 22 de xullo de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "'Psiconautas, los niños olvidados', mejor largometraje de animación en los festivales de Stuttgart y Sofía" (en castelán). 16 de maio de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  4. "Palmarés 2017 do Festival de Cans". www.festivaldecans.gal. Consultado o 2018-12-16. 

Véxase tamén

Ligazóns externas