Naceu co nome de Elea Namatjira pero foi renomeado como Albert despois de que fose bautizado polo rito cristiá. A pesar de nacer en Alice Springs, medrou na misión cristiá de Hermannsburg. Xa era un artista con talento antes de que o pastor Albrecht da misión o agasallara en 1934 cun equipo de pintura.
En 1936 acompañou como guía ó artistaaustralianoRex Battarbee na súa viaxe para pintar o próximo Palm Valley, e é alí onde lle ensinou a Namatjira a técnica da acuarela. Baixo a tutela e apoio de Battarbee comezou a desenvolver a súa propia técnica. As súas acuarelas das áridas paisaxes do deserto, realizadas ó estilo occidental, chegaron a adquirir gran fama. Na súa primeira exposición de pintura, en Melbourne en 1938, vendéronse tódolos cadros.
En 1957 outorgáronlle os dereitos de cidadanía australiana, dez anos antes de que os recibise toda a poboación aborixe do país.
Non é até a década de 1980 cando, grazas á abundancia de exposicións, publicacións e documentais sobre Namatjira, comézouselle a recoñecer que, pese a que pintara con técnicas e materiais occidentais, estivera adaptando o simbolismo de occidente ós seus propios propósitos culturais aborixes.
A súa pintura baséase na tradición, mitoloxía e cultura dos Arrernte. Así, por exemplo, o emprego de tonsocres correspóndese coas cores que empregaban os seus antergos. Tamén se percibe a repetición de rochas e árbores en moitas das súas obras como creación de símbolos eternos propios das concepcións espirituais da súa cultura ancestral.