- Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.
Age of Empires (AoE) é un videoxogo de estratexia en tempo real desenvolvido por Ensemble Studios e distribuído por Microsoft. O xogo emprega a tecnoloxía Genie e permite ó xogador actuar como o líder dunha antiga civilización que avanza a través de catro idades (a de Pedra, a das Ferramentas, a do Bronce e a do Ferro), conseguindo novas e máis avanzadas unidades militares en cada idade. Foi adaptado a Pocket PC con Windows, resultando nunha versión moi semellante á versión de PC.
Orixinalmente considerado como unha mestura de Civilization e Warcraft, algúns críticos consideraron que o xogo fallou en cumprir esas expectativas na súa estrea. Malia iso, recibiu boas críticas, e unha expansión titulada The Rise of Rome foi estreada en 1998. Tanto o orixinal Age of Empires como a expansión foron comercializados nun pack "The Gold Edition". A súa secuela Age of Empires II, foi estreada en 1999.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas