Agapito García Atadell, nado en Viveiro o 18 de maio de 1902 e finado en Sevilla o 15 de xullo de 1937, foi un obreiro tipógrafo e sindicalista galego. É coñecido polo seu papel durante a guerra civil española, ao dirixir unha checa en Madrid durante os primeiros meses da contenda e pola súa participación na represión. O seu nome quedou asociado coas checas e coa represión republicana en Madrid durante a contenda.[1] Fuxido da zona republicana pouco antes da Batalla de Madrid, foi capturado polos franquistas, xulgado e executado.
Despois do golpe de estado de Franco, o PSOE decide reforzar a policía con republicanos leais. Á fronte dunha desas brigadas, denominadas Milicias Populares de Investigación criminal, formada por 48 homes, sitúase García Atadell.[2]
A brigada que actuaba violentamente e sen mediación de procesos xudiciais, foi responsable en total de ata 800 detencións[3] de persoas vencelladas ao bando golpista, á Igrexa ou en xeral á dereita, moitas delas asasinadas. Ademais, as detencións serviron como fonte de financiamento, e as brigadas recadaban grandes cantidades en diñeiro e xoias[4]. Os editoriais dos dous principais xornais socialistas El Socialista e Informaciones, apoiaron as súas actuacións[3].
↑"un solo saqueo realizado en la casa número 5, de la calle Conde de Xiquena, les ha proporcionado 4 millones de pesetas en metálico, joyas y objetos de arte", Heraldo de Madrid, 20/8/1936
Zavala, José María (2006). "Atadell, el asesino enmascarado". Los gánsters de la Guerra Civil(en castelán). Plaza & Janés. pp. 143–191. ISBN84-01-37948-2.