O lanzamento e comprobación dos satélites en órbita era xestionado pola NASA e o control pasábase á NOAA unha vez verificado o seu normal funcionamento. Foron construídos por RCA Astro usando o mesmo bus que os satélites militares DMSP-5D1.
As especificacións dos satélites ATN eran as seguintes:
HIRS/3 (High-Resolution Infrared Sounder/3), AMSU-A (Advanced Microwave Sounding Unit-A) e AMSU-B (Advanced Microwave Sounding Unit-B): permitían obter perfís de temperatura e humidade da atmosfera entre o nivel do solo ata a altura da estratosfera.
SBUV (Solar Backscatter Ultraviolet Radiometer): radiómetro de escaneo espectral para medir a irradiancia solar e o seu efecto na terra a lonxitudes de onda de entre 160 e 406 nanómetros. Era capaz de medir a cantidade de ozono na atmosfera.
SEM-2 (Space Environment Monitor): medía a intensidade da radiación dos cintos de radiación terrestres e das partículas cargadas.
SARSAT (Search and Rescue Satellite Aided Tracking System): detecta e localiza chamadas de emerxencia nas frecuencias de 121,5, 243 e 406,05 MHz.
Unidades
A serie Advanced TIROS-N constou de sete satélites: