Advanced Crew Escape Suit

Tripulantes da misión STS-130 en camiño para entrar no transbordador espacial Endeavour enfundados nos seus traxes ACES.

ACES (acrónimo de Advanced Crew Escape Suit), denominado S1035 polo seu fabricante (David Clark) era un modelo de traxe espacial estadounidense posto en servizo en 1995 para substituír o LES (Launch/Entry Suit) como vestimenta durante o lanzamento e reentrada atmosférica dos transbordadores espaciais. A finalidade de ACES era protexer á tripulación no caso de perda de presión na cabina do transbordador a altitudes de máis de 30 km e adicionalmente protexela do frío e da auga no caso de ter que saltar en paracaídas, así como aislala de calquera posible contaminación da cabina. O traxe incluía unha parte interior pola que circulaba líquido refrixerante. A diferenza do LES, ACES era un traxe de presión completa.[1]

Durante a reentrada, ACES usaba o mesmo sistema usado no LES para contrarrestrar as fortes aceleracións, consistente en vexigas de presión situadas nas pernas e no abdome inferior para evita-la acumulación de sangue na parte inferior do corpo tras as longas exposicións á microgravedade. Foi usado por primeira vez na misión STS-64, o 9 de setembro de 1994.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "ACES spacesuit" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2012.