Trala morte do seu irmán, o rei Fruela I, permaneceu na corte baixo a protección do rei Aurelio, e mandou ao seu sobriño Afonso ao mosteiro de San Xulián de Samos para darlle protección e formación. Na corte asturiana coñeceu a Silo, un nobre galego co que casou. Trala morte de Aurelio no ano 774, Silo pasou a ser , pasó a ser rei de Asturias.
Ao morrer Silo no ano 783 sen deixaren descendencia, Adosinda interveu para que o sucesor do rei fose o seu sobriño Alfonso, o fillo de Fruela. Porén, o trono foi tomado polo medio irmán de Adosinda, Mauregato, quen expulsou a Afonso, o cal se refuxiou en Álava.
↑Del Arco y Garay, Ricardo (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita - CSIC. Páx. 133.
Véxase tamén
Bibliografía
Dacosta Martínez, Arsenio F. (1992): "Notas sobre las crónicas ovetenses del siglo IX: Pelayo y el sistema sucesorio en el caudillaje asturiano", en Studia historica. Historia medieval nº 10, páx. 9-46. Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca. Departamento de Historia Medieval, Moderna y Contemporánea.
Flórez, Enrique (1770): Memorias de las Reinas Católicas. Historia genealógica de la Casa real de Castilla y de León. Tomo I.
Solé, José María (2007): Apodos de los reyes de España. La Esfera de los Libros S.L.