O grupo foi a expresión en Francia dunha corrente autodefinida como marxista que consideraba a acción armada como un medio lexítimo de combater un réxime considerado opresivo. Durante os chamados «anos de chumbo», numerosos grupos retomaron as ideas anarquistas da propaganda polo feito. Entre eles estaban:
Action Directe foi responsábel de máis de 50 ataques, como o asalto con metralladoras ao edificio da Federación de empresarios o 1 de maio de 1979, amais de ataques a edificios gobernamentais e militares, empresas en complexos industrial-militares e mesmo ao estado de Israel. Tamén levaron a cabo roubos ou «expropiacións proletarias» e asasinatos, entre eles o do enxeñeiro René Audran en 1985 e o de Georges Besse, presidente da empresa Renault, en 1986.
En 2009Julien Coupat e o grupo responsábel da sabotaxe da catenaria de Tarnac foron considerados como «potenciais herdeiros de Action Directe» pola política Michèle Alliot-Marie. A Ministra de Interior confirmou, así, o retorno do terrorismo de «extrema esquerda».[1] Julien Coupat e o seu círculo máis próximo foron acusados de colocaren ganchos para bloquear a circulación do TGV e de escribiren o libro L’insurrection qui vient («A vindeira insurrección»). Ditos feitos non só non foron probados, senón que as e os especialistas tamén consideran que «Julien Coupat non ten relación con Jean-Marc Rouillan» no referido á ideoloxía.[2]
En febreiro de 2011, seis comisarías do departamento de Altos do Sena recibiron unha carta en que manifestaban «a reactivación de Action Directe». A misiva advertía de accións contra a policía na liña de combate de Jean-Marc Rouillan, Nathalie Ménigon et Joëlle Aubron. Con todo, non ficaba claro se se trataba dunha amenaza real. Aínda así, a xustiza tomouna en serio, e mantivo en alerta á sección antiterrorista da brigada criminal de París nas horas posteriores.[3]
Bibliografía
Estudos sobre Action Directe
Aurélien Dubuisson, Action directe, les premières années, París, Libertalia, 2018.
Alain Hamon e Jean-Charles Marchand, Action directe. Du terrorisme français à l'euroterrorisme, Le Seuil 1986
Michael York Dartnell, Action directe: ultra-left terrorism in France, Londres, 1995
Loïc Debray, Jean-Pierre Duteuil, Philippe Godard, Henri Lefebvre, Catherine Régulier, Anne Sveva, Jacques Wajnsztejn, Paroles Directes. Légitimité, révolte et révolution: autour d'Action directe, Acratie 1990
Jean-Pierre Pochon, Les stores rouges, Édition des Équateurs, 2008
Serge Savoie, La traque d'Action Directe, Nouveau Monde Éditions 2011
Fanny Bugnon, «"Le sang et les confitures". Les procès d'Action directe dans la presse française». En André Rauch e Myriam Tsikounas (dir.), La justice et les représentations du crime, París, Publications de la Sorbonne, 2012, p. 153-165
Vanessa Schneider, La Fille de Deauville[4], París, Grasset, 2022, 272 p. A novela céntrase en particular na traxectoria de Joëlle Aubron, membro da banda
Testemuños sobre a traxectoria de Action Directe
Floréal Cuadrado, Comme un chat. Souvenirs turbulents d'un anarchiste, faussaire à ses heures, vers la fin du vingtième siècle, Éditions du Sandre, 2015, ISBN978-2-35821-105-5
Dix ans d’Action directe. Un témoignage, 1977-1987, éditions Agone, 2018 ISBN9782748903683
Obra relacionada
Jean-Claude Lutanie, Protestation devant les libertaires du présent et du futur sur les capitulations de 1980, edición descoñecida, 1981, reeditada en 2011 por Éditions Lutanie
«Action directe, un terrorisme à la française» emitido o 13 de decembro de 2013 no espazo 50 ans de faits divers de 13ème rue e de Planète+Justice de Clémence Badault (2006)
Histoire secrète d'Action directe, de Romain Icard, 2009, emitido en LCP