O absintio, asente ou asento (Artemisia absinthium)[1] é unha planta composta, perenne, de 1 m de altura, moi amarga e algo aromática, os talos empréganse medicinalmente en infusión para estimular o apetito, a secreción de zumes gástricos e biliares e para eliminar as lombrigas, pero o seu consumo prolongado pode causar adicción. Tradicionalmente engadíaselle ás verduras cocidas como acompañante. É o compoñente principal dunha bebida alcohólica coñecida co mesmo nome, o absintio.