Funcionario de carreira e membro da Fronte de Liberación Nacional, foi ministro en varios gobernos e primeiro ministro de Alxeria do 25 de maio ao 15 de agosto de 2017, o que o converte no xefe de goberno do país que menos tempo estivo no cargo.
Gañou as eleccións presidenciais de 2019 na primeira volta como candidato independente aínda que era membro do comité central do FLN, que non o apoiou oficialmente. A campaña para estas eleccións e o comezo do mandato de Tebboune estiveron marcados por manifestacións masivas ("Hirak") e por unha abstención récord.
En xuño de 1991, converteuse en viceministro encargado das autoridades locais baixo o ministro do Interior, durante o segundo goberno de Sid Ahmed Ghozali.[13] Deixou o goberno en 1992.
Foi nomeado Ministro de Comunicación e Cultura en 1999 polo presidente Abdelaziz Bouteflika[14] no goberno de Ahmed Benbitour, cargo que ocupou só seis meses antes de volver ao posto de viceministro encargado das autoridades locais [15] para a reorganización dos valís.
En 2001 o presidente nomeouno ministro de Vivenda e Urbanismo[16] no segundo goberno de Ali Benflis, cargo que ocupou ata 2002.
O 3 de setembro de 2012 foi nomeado de novo ministro de Vivenda e Urbanismo[17] no primeiro goberno de Abdelmalek Sellal. Posteriormente ocupou o cargo de ministro de Vivenda, Urbanismo e Cidade nos tres seguintes gobernos de Sellal.
O 19 de xaneiro de 2017, despois da enfermidade e posterior morte de Bakhti Belaïb, foi nomeado ministro de Comercio de forma provisional.[18]
Con todo, foi substituído 15 de agosto de 2017 polo ex primeiro ministro Ahmed Ouyahia.[22] A súa vontade de restrinxir as importacións, loitar contra a corrupción e levar a cabo unha inspección xeral no seo do primeiro ministro, instando aos seus ministros a "facer balance dos gastos públicos" realizados polo goberno anterior,[23] ademais da súa, segundo a presidencia, "hostilidade contra os empresarios", son algunhas das razóns que explican a súa destitución.[24]
En xullo, o goberno enviou unha serie de avisos a grandes empresas alxerianas ou estranxeiras adxudicatarias de importantes contratos de infraestrutura pública, ameazando con rescindir contratos de obras con atrasos. Entre estas empresas destacaba ETRHB, unha empresa de obras de estradas, hidráulicas e construción, propiedade de Ali Haddad, xefe do Foro de líderes empresariais (FCE), organización patronal e próxima a Saïd Bouteflika, irmán do xefe de Estado.[25]
Porén, estas medidas fixéronlle gañar popularidade.[26] Tras iso foi considerado como un posible sucesor de Bouteflika.[27]
Presentándose como o "candidato do pobo", afirmou que as demandas dos manifestantes non podían ser satisfeitas "sen un presidente elixido e lexítimo". Prometeu unha reforma da Constitución e da lei electoral, así como o establecemento dunha verdadeira democracia a nivel local e nacional.[29] Avogou por que o Estado recuperase os préstamos das empresas que nunca se devolveran aos bancos estatais. Presentouse como candidato independente, aínda que seguiu sendo membro do comité central do FLN.[30]
Rexeitado polos manifestantes,[31] foi acusado polos seus detractores de ser o "candidato do exército" e de estar implicado no caso Khalifa, no que saíu o seu nome. Mostrouse partidario de reabrir o caso.[32] En novembro de 2019 afrontou a dimisión do seu director de campaña e a revelación por parte do xornal Ennahar, con fama de ser próximo ao poder, dos seus vínculos co empresario encarcerado Omar Aliat.[33]
O 12 de decembro, tras unha campaña interrompida por grandes protestas ata o día das eleccións,[34] Abdelmadjid Tebboune foi elixido polo 58,1% dos votos emitidos na primeira volta, cunha abstención récord (60,1% dos inscritos)[35] Algúns analistas consideraron "dubidosas" as cifras.[36] Na súa primeira conferencia de prensa despois da súa elección, Tebboune tendeu a man á Hirak e falou a favor do diálogo.[37]
Despois da toma de posesión, o novo presidente saudou á Hirak e declarou que "o gran éxito é o froito do movemento popular iniciado polo noso pobo que se negou, grazas á súa conciencia, á caída do Estado e das súas institucións ", renovou a súa chamada ao diálogo e prometeu cumprir as reivindicacións dos manifestantes no marco dun consenso político e das leis da República".[38][40] Pediu prescindir da predicada "excelencia" para romper co uso exacerbado desta fórmula durante o mandato de Abdelaziz Bouteflika, un termo que se volveu impopular e motivo de impugnación.[41] Durante a cerimonia, condecorou coa medalla da orde do mérito nacional, co rango "SADR", a, Abdelkader Bensalah e Ahmed Gaïd Salah.[42] Na mesma cerimonia foi condecorado co mesmo rango por Abdelkader Bensalah.[38]
O mesmo día aceptou a dimisión de Noureddine Bedoui e designou a Sabri Boukadoum como primeiro ministro interino mentres instruía ao goberno para xestionar os asuntos urxentes á espera do nomeamento dun novo xefe de goberno. Ademais, o ministro do Interior, Salah Eddine Dahmoune, foi destituído das súas funcións por facer comentarios insultantes sobre os manifestantes da Hirak.[43]
O 20 de decembro de 2019, nomeou como xefe de persoal a Noureddine Ayadi e como secretario xeral da presidencia da República a Mohammed Amine Messaïd, quen ocupara o cargo de director da súa campaña electoral. Ademais, Bouakkaz e Amrouche foron nomeados director xeral de Protocolo e secretario particular do presidente da República, respectivamente.[44]
Durante a súa primeira viaxe oficial en Alxeria, o 22 de decembro, anunciou a creación dun ministerio responsable das start-ups e microempresas así como dun banco para apoiar aos promotores destes proxectos. Tamén ordenou a reapertura das terminais de aeroporto non empregadas en todo o país.[45][46]
Formación do goberno de Djerad
O 28 de decembro nomeou a Abdelaziz Djerad como primeiro ministro e encargoulle formar un novo goberno.[47] Ao día seguinte nomeou a Belaïd Mohand Oussaïd como Ministro asesor de Comunicación e voceiro da presidencia da República.[48]
O 28 de decembro de 2019 recibiu a Ahmed Benbitour, ex xefe de goberno, con quen falou sobre as "bases da nova República".[48] O 9 de xaneiro, recibiu a Abdelaziz Rahabi "para intercambiar e escoitar as súas impresións sobre a situación actual e a súa visión de futuro".[50] Esta reunión formou parte das consultas sobre a revisión da Constitución.[51] O 13 de xaneiro recibiu ao ex xefe de goberno Mouloud Hamrouche e foi á casa do exministro de Asuntos Exteriores Ahmed Taleb Ibrahimi.[52] O 14 de xaneiro, recibiu aos seus opoñentes Soufiane Djilali[53] e Karim Younes.[54] O 15 de xaneiro recibiu ao mujahid Youcef Khatib[55] e ao presidente da Asociación de Ulemas Musulmáns de Alxeria, Abderrazak Guessoum.[56] O 8 de xaneiro de 2020 creouse unha comisión de expertos de 17 membros, a maioría deles profesores de Dereito Constitucional, co fin de realizar propostas para unha nova Constitución.[57] Trazáronse sete eixos principais sobre os que a comisión debía traballar, entre eles a conservación do bicameralismo e o cargo do xefe de goberno. Propúxose en particular permitir que o presidente exercese só un máximo de dous mandatos e facer que esta disposición fose "inmutable e intocable".[58] Ao final destes dous meses, a proposta do comité debía ser obxecto dun diálogo antes de ser adoptada polo Parlamento e sometida a referendo.
Continuación e suspensión do Hirak
En febreiro de 2020, achegándose o aniversario do estalido das protestas que comezaran o 22 de febreiro de 2019, o presidente Abdelmadjid Tebboune declarou que "a Hirak é un fenómeno saudábel" e que non tiña nada que lle reprochar. Engadiu que dito movemento popular evitou un desastre no país. Decretou que o 22 de febreiro agora se celebrase cada ano como un "día nacional de fraternidade e cohesión entre o pobo e o seu exército pola democracia".[59] Os días 21 e 22 de febreiro de 2020, as manifestacións reuniron a un gran número de persoas.[60][61]
No contexto da pandemia por coronavirus de 2019-2020, o presidente da República anunciou o 17 de marzo de 2020 a prohibición de marchas e manifestacións, sen importar o motivo, explicando que non se trata dunha restrición das liberdades senón "unha medida de protección da saúde pública".[62] O venres 20 de marzo non se realizaron marchas nin manifestacións.[63]
Política exterior
Nun contexto rexional marcado pola guerra civil libia, Abdelmadjid Tebboune recibiu a varios xefes de Estado e ministros de Asuntos Exteriores de países implicados na crise.[64][65][66][67][68] Abdelmadjid Tebboune participou na conferencia de Berlín sobre Libia o 19 de xaneiro de 2020.[69]
Vida privada
En outubro de 2019, comezou o xuízo ao seu fillo Khaled, en prisión desde o 20 de xuño de 2018, no contexto da incautación, no porto de Orán, de 701 kg de cocaína. Foi absolto o 26 de febreiro de 2020.[70]
Notas
↑"PRÉSIDENT". election-politique.com(en francés). Consultado o 31 de marzo de 2020.