A mellor televisión do mundo foi un programa semanal da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988, dirixíao Manuel Abad quen tamén o presentaba xunto con Ana Cermeño, Mercedes Suárez e Carmen Rábade. O programa estaba dedicado á televisión e nel emitíanse producións, tanto de ficción como documentais, de todo o mundo que polo seu carácter anovador ou polos seus recursos expresivos experimentais constituísen exemplos notorios de televisión de calidade. En cada programa preséntabase unha xustificación da elección da produción que se ía emitir, traducida ou subtitulada, na primeira emisión presentouse o telefilme da Channel Four británica Max Headroom: 20 Minutes into the Future, onde aparecía Max Headroom, unha animación que semellaba xerada por computador e que se converteu nun carácter recorrente do programa.
|
---|
Década de 1980 | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Produción allea | |
---|
|