A desorde que deixas (en castelán: El desorden que dejas) é unha serie de televisión española orixinal de Netflix que se estreou o 11 de decembro de 2020. É unha adaptación de El desorden que dejas, novela de Carlos Montero publicada en 2016. Está protagonizada por Inma Cuesta e Bárbara Lennie, xunto con Tamar Novas, Arón Piper e Roberto Enríquez.[1]
A comezos de 2019, a plataforma de streaming anunciou a adaptación da novela e que a súa estrea sería ao longo do ano 2020. A rodaxe comezou o 21 de outubro do mesmo ano en Galicia.[2] A serie contén 8 episodios de 40 minutos escritos e dirixidos por Carlos Montero xunto a Silvia Quer e Roger Gual.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas