A Feira do Trece, Sedes, Narón

A Feira do Trece

Campo da Feira do Trece.
ParroquiaSedes
ConcelloNarón
Coordenadas43°33′30″N 8°08′35″O / 43.55829, -8.143
Poboación29 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

A Feira do Trece é un lugar da parroquia de Sedes no concello de Narón na provincia da Coruña. Tiña 29 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 15 homes e 14 mulleres.

Neste lugar sitúase o último campo da feira que aínda ten tal uso en Narón, onde teñen lugar varias feiras como a Feira do cabalo ou a do can de caza.

Historia

Fonte da Feira do Trece.

O 13 de marzo do ano 1918 e coincidindo co día da feira prodúcese unha revolta veciñal coñecida como a Revolta das Pedradas diante do establecemento comercial do alcalde para protestar polas inxustizas cometidas no repartimento de consumos entre os veciños e os desproporcionados impostos que sufrían os labregos, chegando a pagar 40 veces máis que o propietario dun comercio. Logo do lanzamento de varias pedras, chámase á Garda Civil e esta remata coas protestas despois de deixar 6 mortos e varios feridos. A revista Nós fixo unha denuncia de tales feitos.

Lugares e parroquias

Lugares de Sedes

Lugares da parroquia de Sedes no concello de Narón

Os Barreiros | A Borrallada | O Camiño | O Camiño Novo | O Carballo | O Cucheiro | Eiravedra | A Feira do Trece | Figueiras | O Freixido | A Gándara | Guiove | Lagoela | Martianes | O Pazo |A Pedreira | O Pereiro | Placente | Prados | O Rapadoiro | A Revolta | O Río da Lousa | A Rocha | Sabín | O Salgueiral | As Salgueiras | Vilallonte

Parroquias de Narón

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)